Besteiro: "Da sentenza a Baltar teñen que preguntarlle a Feijóo, porque o PP ten moito que dicir e cala moito"

O secretario xeral do PSdeG afirma que Feijóo “vai ser moi esclarecedor e pode dar moita información” sobre o tema, e lamenta que “siga sen ter claro ningún criterio” nos casos de corrupción

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, afirmou esta mañá en resposta aos medios sobre a sentenza “a quen foi presidente do PP en Ourense e presidente da Deputación ourensá”, José Luis Baltar, que “teñen que preguntarlle ao presidente da Xunta, o señor Feijóo” porque “vai ser moi esclarecedor e pode dar moita máis información” sobre o tema.

“O Partido Popular de Galicia ten moito que dicir e cala moito”, asegurou Besteiro tras a sentenza que chega despois de que os socialistas ourensáns denunciasen a utilización fraudulenta dos recursos da Deputación para garantir a victoria dos Baltar no Congreso do PP en 2010.

Gómez Besteiro lamenta que o PP siga “sen ter claro ningún criterio” nos casos de corrupción nin queira “dar explicacións” á cidadanía, fronte á “colaboración, a transparencia e o criterio claramente marcado” do PSdeG.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar