Besteiro cre que a sentenza do Prestige é “socialmente inxusta” e lamenta que os responsables políticos “aínda non pediran perdón”

Besteiro cre que a sentenza do Prestige é “socialmente inxusta” e lamenta que os responsables políticos “aínda non pediran perdón”

Besteiro cre que a sentenza do Prestige é “socialmente inxusta” e lamenta que os responsables políticos “aínda non pediran perdón”

O secretario xeral afirma que desde o PSdeG están “estudando o texto convenientemente” coa posibilidade de “esixirlle ás administracións que presenten un recurso”

Gómez BesteiroO secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, insistiu esta mañá en que a sentenza sobre a catástrofe do Prestige é “tardía e socialmente inxusta”. A preguntas dos medios sobre o tema, o socialista lamentou a actitude do PP e que os responsables políticos “que hoxe teñen responsabilidades de goberno, aínda non pediran perdón e que ante estas situacións se puxeran absolutamente de perfil”.

“É unha sentenza que chega moi tarde e na cidadanía hai unha percepción de inxustiza, máis aló de que no sistema democrático no que vivimos, inspirado no respecto ás decisións xudiciais, poidamos respectala pero non compartila”, afirmou Besteiro, quen engadiu que “é socialmente inxusta, e iso é o que perciben todos os cidadáns: que once anos despois aqueles responsables políticos que eran o agora presidente Mariano Rajoy, que dicía o de los hilillos de plastilina, e aqueles ministros que viñan a Galicia e dicían que estaban as praias esplendorosas, e que hoxe teñen responsabilidades de goberno, aínda non pediran perdón e ante estas situacións se puxeran absolutamente de perfil”. Por iso, dixo, “hoxe os galegos e españois, moitos deles que participaron nas tarefas de recuperar toda a zona afectada en Galicia, teñen unha sensación moi agria de como é esa sentenza, pero é a que hai, tardía e socialmente inxusta”.

Posible recurso
Sobre a posibilidade de presentar un recurso, Gómez Besteiro adiantou que “o PSdeG está estudando a sentenza”, aínda que o partido “non é parte dese proceso, por tanto a posibilidade de recorrela é moi difícil, pero si que o Partido Socialista pode esixirlle ás administracións que presenten un recurso” para garantir que se cubran as responsabilidades. Por iso, dixo, exporán a decisión “unha vez estea convenientemente estudada a sentenza”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar