Besteiro considera “regresiva e ideolóxica” a reforma do aborto e esíxelle a Feijóo “que non se agoche” e diga si apoia a Lei de Gallardón

Besteiro considera “regresiva e ideolóxica” a reforma do aborto e esíxelle a Feijóo “que non se agoche” e diga si apoia a Lei de Gallardón

Besteiro considera “regresiva e ideolóxica” a reforma do aborto e esíxelle a Feijóo “que non se agoche” e diga si apoia a Lei de Gallardón

A presidenta do PSOE de Andalucía, Micaela Navarro, asegura que “as mulleres non somos vítimas de nada, o que queremos é un Goberno que defenda os nosos dereitos”

O Grupo Parlamentario Socialista organiza no Parlamento unha xornada polo dereito a decidir das mulleres

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, tildou hoxe de “regresiva e ideolóxica” a reforma do aborto do PP e esixiulle ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, “que non se agoche” e diga claramente si apoia a reforma do ministro de Xustiza, Alberto Ruíz Gallardón.

“Hoxe toca falar de dereitos, dunha proposta de reforma da Lei de interrupción do embarazo que nos leva trinta anos atrás, o PP quere levarnos a un lugar onde a gran maioría dos cidadáns e das mulleres non queren estar”, afirmou Besteiro aos medios de comunicación na inauguración da xornada Polo dereito a decidir das mulleres, organizada na Cámara galega polo Grupo Parlamentario Socialista.

O líder dos socialistas galegos lembrou que a reforma de Gallardón só dará cobertura ao 8% dos abortos que se rexistran en España, “deixando cada ano na clandestinidade a 100.000 mulleres”. “O PP ademais xoga cos datos e os agocha, porque no ano 2012, xa coa reforma do 2010, baixaron as interrupcións do embarazo, a cidadanía non demandaba ningún tivo de novidade lexislativa”, manifestou o secretario xeral do PSdeG.

Besteiro animou aos cidadáns a que “nas eleccións do 25 de maio voten e decidan entre a Europa conservadora e regresiva da dereita ou a Europa moderna dos socialistas, que defenden os dereitos das mulleres”. “Falamos moito da recuperación económica, pero ten que chegar con igualdade, tanto Rajoy como Feijóo deben falar claramente e recoñecer si apoian ou non unha volta á clandestinidade, que digan onde están”, apuntou.

Defensa dos dereitos
Pola súa parte, a presidenta do PSOE en Andalucía, Micaela Navarro, sostivo que “estamos asistindo a unha reforma claramente ideolóxica, non compartimos a postura de Gallardón cando di que as mulleres xa non imos cometer un delito e somos vítimas; as mulleres non somos vítimas de nada, o que queremos é un Goberno que defenda os nosos dereitos e que non lle pase as súas responsabilidades aos profesionais sanitarios”.

Navarro clausurou a xornada xunto ao portavoz do PSdeG no Parlamento de Galicia, José Luis Méndez Romeu. Tamén participaron en dous debates con coloquios Eva Martínez, Carmen Acuña, Laura Seara, Pilar Estévez, Carlos Martínez-Buján, Lourdes Pérez e María Dolores Domínguez.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar