Besteiro considera que os Orzamentos da Xunta “esquecen a loita contra o paro, agudizan os recurtes sociais e endebedan de forma alarmante a Galicia”

Besteiro considera que os Orzamentos da Xunta “esquecen a loita contra o paro, agudizan os recurtes sociais e endebedan de forma alarmante a Galicia”

Besteiro considera que os Orzamentos da Xunta “esquecen a loita contra o paro, agudizan os recurtes sociais e endebedan de forma alarmante a Galicia”

Besteiro“Con menos gasto social, o investimento produtivo conxelado e unha taxa de emprego dez puntos por debaixo da media española, só podemos esperar máis desigualdade”, sostén o líder do PSdeG

O portavoz dos socialistas galegos no Parlamento, José Luis Méndez Romeu, lamenta que “o Goberno do Partido Popular recoñeza que a prioridade é o axuste”

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2014. O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou hoxe en Santiago que “pouco poden esperar os galegos dos Orzamentos Xerais da Xunta para o ano 2015”, xa que as contas do Goberno do PP “afondan nunha austeridade nociva e perigosa, que só provoca desigualdade social”.

Besteiro valorou hoxe os Orzamentos nunha rolda de prensa no Parlamento de Galicia co portavoz dos socialistas na Cámara, José Luis Méndez Romeu. “Con menos gasto social e o investimento produtivo conxelado, as previsións do propio Goberno do PP para o ano 2015 son pouco optimistas”, afirmou o secretario xeral do PSdeG.

En opinión de Besteiro, “Feijóo esquece a loita contra o paro, a tendencia en Galicia é moi perigosa e temos que lembrar que a taxa de emprego, que é a porcentaxe de persoas en idade de traballar que teñen un posto de traballo, xa está dez puntos por debaixo da media española”. As partidas para a promoción de emprego caen un 54% desde o ano 2009 (consultar as cifras comparativas do PDF que se adxunta).

Con respecto á débeda da comunidade autónoma, o líder dos socialistas galegos cree que a Xunta do PP “condena a varias xeracións, a evolución é alarmante e superará os 10.000 millóns de euros no ano 2015”. “Ademáis, o Goberno de Feijóo renuncia a un maior incremento dos ingresos, froito dunha política fiscal regresiva e pouco solidaria”, afirmou.

“Os Orzamentos son ineficientes, a Xunta aglutina o gasto nas áreas que competencialmente ten asignada por Lei, pero non fai esforzo inversor para recuperar a actividade económica e loitar contra o desemprego; iso si, agudiza os recurtes sociais”, advertiu Besteiro, que rematou criticando “que o PP volva utilizar a Lei de Medidas de Acompañamento, una técnica perigosa que lle permite modificar todo nun tempo récord”.

Debate escurantista
Pola súa, parte, Méndez Romeu lamentou que “o Partido Popular rexeite o debate en profundidade sobre os Orzamentos, non acepta as comparecencias solicitadas polo PSdeG e o debate será mínimo e escurantista”.

“Onte dicía a conselleira de Facenda que a prioridade é o axuste, non o mantemento do estado do benestar, a igualdade ou a loita contra o desemprego”, lembrou o portavoz dos socialistas da Cámara, “o que nos leva desde hai anos ao empobrecemento, o envellecemento e a desigualdade, unha situación dramática”.

“O Partido Popular promete crecemento sostible e integrador cando o gasto para a promoción de emprego baixa, o Goberno non di a verdade, falla en todas as súas previsións e os Orzamentos serán firmemente emendados polos socialistas”, rematou Méndez Romeu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar