Besteiro considera que “o presidente do Partido Popular meteu a Galicia e a Santiago nun problema e el debe resolvelo”

Besteiro considera que “o presidente do Partido Popular meteu a Galicia e a Santiago nun problema e el debe resolvelo”

Besteiro considera que “o presidente do Partido Popular meteu a Galicia e a Santiago nun problema e el debe resolvelo”

“A cidade e o Concello de Santiago merecen volver ao nivel que debe ter a capital de Galicia”, asegura o líder dos socialistas galegos

O secretario xeral do Partido Socialista de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou hoxe en Santiago, con respecto á situación no concello da capital galega, que “o presidente do Partido Popular meteu a Galicia e a Santiago nun problema e el debe resolvelo”.

“Temos que esperar a ver que novidades hai esta tarde, pero todos lembramos aquela tarde de domingo na que Ángel Currás saíu elixido alcalde do despacho de Núñez Feijóo”, afirmou o líder dos socialistas galegos.

“Os cidadáns queren unha resposta, a cidade e o Concello de Santiago merecen volver ao nivel que debe ter a capital de Galicia”, manifestou Gómez Besteiro aos medios de comunicación antes de asistir á toma de posesión do novo reitor da USC, Juan Viaño.

O secretario xeral do PSdeG non entrou a valorar a posibilidade dunha dimisión do alcalde de Santiago ou da formación dunha xestora. “O que ten que valorar e actuar agora mesmo é o Partido Popular, o seu presidente non pode poñerse de costas alegando unha autonomía local que non existe”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar