Besteiro considera que Feijóo “tivo pouco corazón e pouca eficacia” cos afectados de hepatite C, “ao contrario do que debe facer o presidente de todos os galegos”

Besteiro considera que Feijóo “tivo pouco corazón e pouca eficacia” cos afectados de hepatite C, “ao contrario do que debe facer o presidente de todos os galegos”

Besteiro considera que Feijóo “tivo pouco corazón e pouca eficacia” cos afectados de hepatite C, “ao contrario do que debe facer o presidente de todos os galegos”

BesteiroO secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou hoxe que o tratamento que “o partido que nos goberna e o presidente da Xunta” lles dispensaron aos afectados pola hepatite C amosa “pouco corazón e pouca eficacia”.

O líder dos socialistas galegos mantivo hoxe unha reunión co presidente da Plataforma SOS Sanidade Pública, Manuel Martín, e outros representantes da asociación xunto á portavoz de Sanidade do partido no Parlamento, Carmen Acuña. Besteiro mostrou o apoio do PSdeG á mobilización en defensa da sanidade universal do día 19 de marzo, “na que se demandarán iniciativas que defende o Partido Socialista”.

“Traballaremos por unha sanidade pública, universal e de calidade fronte á política da dereita, a día de hoxe a atención depende en ocasións dos recursos económicos ou das zonas de procedencia, hai unha ruptura da equidade terapéutica”, manifestou.

Con respecto ao acontecido no pleno do Parlamento, argumentou que “o tratamento que o partido que nos goberna lle dispensou aos afectados careceu de proximidade e de cercanía, acusando aos representantes públicos de xogar coas persoas”.

“Acusan aos demais de xogar cos enfermos, pero Feijóo o que ten que facer é precisamente explicar que está a facer, qué tipo de xogo plantexa”, engadiu Besteiro, que apostou por “un fortalecemento do noso sistema sanitario público, é o que queren a inmensa maioría dos galegos e loitaremos por elo”.

Pola súa parte, Manuel Martín apuntou que “a sanidade pública galega está ao borde da inanición, con moitos recurtes, 2.000 prazas de profesionais menos e menos camas; temos moitos problemas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar