Besteiro considera que "a democracia é participar, hoxe é o día para que todo o que teña algo que dicir faga escoitar a súa voz"

Besteiro 25 maioO secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acudiu esta mañá a exercer o seu dereito ao voto no colexio Rosalía de Castro de Lugo, onde manifestou aos xornalistas que “a democracia é participar, hoxe é o día para que todo aquel que teña algo que dicir, faga escoitar a súa voz”.

O líder dos socialistas galegos espera unha boa participación, animou aos cidadáns a acudir ás urnas e mostrouse tranquilo. “As eleccións hai que vivilas con responsabilidade pero tamén con alegría, en democracia as eleccións son unha festa”, asegura Besteiro.

En opinión do secretario xeral do PSdeG, “a xente ten que responsabilizarse co seu voto e hoxe estou seguro de que o fará”. O candidato dos socialistas galegos ao Parlamento Europeo, José Blanco, votou tamén en Lugo, no colexio Paradai.

Besteiro pasará a xornada en Lugo ata media tarde, cando trasladarase á sede do PSdeG en Santiago de Compostela para seguir os resultados xunto a outros dirixentes e militantes socialistas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar