Besteiro considera Ponte Caldelas “un bo exemplo da ilusión polo cambio que parecía imposible, como pasará nas eleccións xerais e autonómicas”

BesteiroO secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou hoxe que Ponte Caldelas “é un bo exemplo da ilusión polo cambio despois de 40 anos co PP, o cambio parecía imposible neste concello pero foi posible, como pasará nas próximas eleccións xerais e autonómicas”.

Besteiro deu un paseo por Ponte Caldelas co novo alcalde socialista, Andrés Díaz Sobral, antes de participar nun almorzo con militantes. “Representamos a alternativa, a esperanza polo futuro, por novos retos cunha política que asume os seus compromisos cos cidadáns”, manifestou aos medios de comunicación.

“O Partido Popular está afundido nas enquisas, xa o di o propio Aznar, e Feijóo tamén debería reflexionar por que o pasado 24 de maio o seu partido obtivo o peor resultado da súa historia nas eleccións municipais de Galicia”, afirmou o líder dos socialistas.

En opinión do secretario xeral do PSdeG, “os gobernos de progreso xa están en tres das catro deputacións galegas e en numerosos concellos, onde amosamos que outra forma de gobernar é posible, quedan dous meses para o cambio que representa Pedro Sánchez”.

Besteiro eloxiou a nova política representada polo alcalde Andrés Díaz, que xa puxo en marcha 33 asembleas veciñais no concello: “Ponte Caldelas ten agora un goberno que asume os seus compromisos e fai o seu traballo sen darlle as costas aos cidadáns”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar