Besteiro considera os orzamentos xerais “decepcionantes” para Galicia e “ineficaces para reducir o desemprego e manter os servizos públicos”

Besteiro considera os orzamentos xerais “decepcionantes” para Galicia e “ineficaces para reducir o desemprego e manter os servizos públicos”

Besteiro considera os orzamentos xerais “decepcionantes” para Galicia e “ineficaces para reducir o desemprego e manter os servizos públicos”

besteiroO secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou hoxe que os Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2015 “son moi decepcionantes” e, no caso de Galicia, “ineficaces para reducir o desemprego, manter os servizos públicos e dar pasos para unha reindustrialización do país”.

“Son 1.384,9 millóns de euros para Galicia e todos lembramos como Feijóo criticaba, no ano 2010 e xa en plena crise, os máis de 2.000 millóns que o Goberno de Zapatero destinaba a Galicia”, manifestou o líder dos socialistas, que advertiu ademais de que “se imos ao nivel de execución previsto, non se investirá nin o 70%”.

“Son unhas contas que condenan aos cidadáns a unha maior desigualdade, a economía non é capaz de crecer”, sostén o secretario xeral do PSdeG, que apuntou que “cunha débeda pública por riba do PIB, é evidente que a austeridade non serviu para nada, estamos cada vez peor”.

En opinión de Besteiro, “Feijóo perde influencias e peso a pasos axigantados, como vemos estes días co acontecido en Navantia; ou o sabia e calou ou foi o último en enterarse, calquera das dúas posibilidades son moi malas”.

“Teremos agora un Debate sobre o Estado da Autonomía e aí o presidente da Xunta poderá explicar si realmente baixou o prezo das gasolinas en Galicia, tal e como prometeu”, engadiu o máximo representante dos socialistas galegos. “Os cidadáns perciben a realidade, Feijóo xa leva seis anos de presidente e as cousas están moito peor”, rematou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar