Besteiro considera “o sindicalismo agrario e o diálogo social” máis importantes que nunca para saír da crise “con máis igualdade e menos precariedade”

Besteiro considera “o sindicalismo agrario e o diálogo social” máis importantes que nunca para saír da crise “con máis igualdade e menos precariedade”

Besteiro considera “o sindicalismo agrario e o diálogo social” máis importantes que nunca para saír da crise “con máis igualdade e menos precariedade”

uniosO secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou hoxe en Santiago que “o sindicalismo agrario” é máis importante que nunca “para que o rural galego avance cara o que debe ser, unha auténtica potencia para o desenvolvemento do noso país”.

Na súa intervención no IX Congreso de Unións Agrarias, no que foi reelexido secretario xeral Roberto García, o líder dos socialistas afirmou que “cada día que pasa é un día perdido para artellar unha estratexia que garanta o dereito a vivir do rural, pero para iso é preciso vontade política e o convencemento de que Galicia é rica en recursos e de que o seu principal capital é a súa xente”.

No día en que a UE tumbou o programa de desenvolvemento rural da Xunta por non pactalo co sector, Besteiro apostou “polo diálogo social como ferramenta para acadar un proxecto de Galicia; para os socialistas, diálogo social non é unha foto, para nós diálogo social é o xeito máis democrático e participativo de facer política, un xeito de gobernar e fortalecer un país”.

En opinión do secretario xeral do PSdeG, “é imprescindible unha verdadeira política rural que ataque directamente os males estruturais do noso campo, e os que me coñecedes sabedes da miña preocupación polo despoboamento e a debacle demográfica que sofre Galicia”.

Na próxima década está prevista a xubilación do 50% dos agricultores e gandeiros, cunha previsión de que se incorporen apenas un 5% á actividade. “A política demográfica máis eficaz é o emprego e a igualdade de oportunidades; o noso país debe reindustrializarse e apostar coma nunca polo I+D+i, contando coa empresa, a Universidade e as organizacións sindicais”, manifestou Besteiro.

Desprestixio
“Teño que lamentar profundamente a campaña de desprestixio que algúns gobernantes, nunha grave irresponsabilidade, trataron de artellar contra o voso sindicato; lamento que por intereses non se sabe de quen se teñan traspasado liñas inaceptables e, o peor de todo, algúns se teñan confundido de inimigo”, aseverou o secretario xeral do PSdeG na súa intervención.

Besteiro lembrou que hai dous anos e medio o máximo representante institucional de España dixo unha frase que quedará para sempre na historia: “Lo siento mucho. Me he equivocado. No volverá a ocurrir”.

“Non estaría mal que os máximos representantes institucionais de Galicia rescatasen agora esa frase, sería un acto de humildade que os honraría e se hoxe o fai aquí (en referencia a Núñez Feijóo, presente no acto) terá o meu recoñecemento público”, dixo o líder dos socialistas.

O máximo representante do PSdeG fixo tamén referencia aos “gravísimos problemas de financiamento para as familias e empresas do rural”, a grave crise do sector lácteo e as dificultades das empresas forestais.

“Onte á noite estiven en Avilés cos traballadores de Alcoa; hai un ano trasladeille ao presidente da Xunta a necesidade dun pacto enerxético a longo prazo e agora por desgraza a urxencia de medidas curtopracistas que eviten os despidos non son máis que o reflexo da falta de planificación”, asegurou Besteiro, que demandou que “Galicia ten que poñer en valor a súa condición de comunidade enerxética para ter peso e decisión en España e en Europa”.

“Hai que saír adiante a través do traballo digno, hoxe temos o grave perigo de que a saída da crise sexa a costa de precariedade e dunha desigualdade profunda, xa latente tamén no voso sector, e aquí os sindicatos sodes imprescindibles e a vosa labor insubstituíble”, rematou Besteiro.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar