Besteiro considera "moi acertada" a decisión de que Elena Valenciano sexa a cabeza de lista do PSOE ás eleccións europeas de maio

Besteiro considera "moi acertada" a decisión de que Elena Valenciano sexa a cabeza de lista do PSOE ás eleccións europeas de maio

Besteiro considera "moi acertada" a decisión de que Elena Valenciano sexa a cabeza de lista do PSOE ás eleccións europeas de maio

“Os socialistas galegos creemos no proxecto europeo e a aposta é clara, estamos dispostos a poñer o mellor do partido para estas eleccións”, sostén o líder do PSdeG

O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, considera “moi acertada” a decisión de que Elena Valenciano sexa a cabeza de lista do PSOE ás eleccións europeas do próximo mes de maio.

“Para o Partido Socialista de Galicia e de España, as eleccións europeas son moi importantes. Europa está presenta na vida dos cidadáns e Europa decide moitas das cousas que afectan á vida diaria dos cidadáns”, sostén Besteiro. Neste contexto, o líder de PSdeG afrma que “a aposta é clara por parte dos socialistas, que estamos dispostos a poñer o mellor do partido para esas eleccións, á número dous do partido”.

“Esperemos que o Partido popular tamén aposte forte na súa candidatura, ¿será María Dolores de Cospedal a persoa que encabece a lista do PP? Eu teño serias dúbidas sobre o interese do Partido popular nas eleccións europeas”, dixo o líder dos socialistas galegos.

“Pola nosa parte, trátase dunha dobre aposta, xa que apostamos ademais por unha muller, o protagonismo das mulleres na vida política actual é fundamental e reitero que o Partido Socialista pon o mellor para afrontar un proceso decisivo para España e para Galicia”, apuntou o secretario xeral do PSdeG.

Para rematar, Besteiro manifestou que os socialistas cren “no proxecto político europeo, hai que facer modificacións porque non é a Europa que queremos, pero queremos traballar por Europa como xa fixemos no proceso de construción europea no ano 85”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar