Besteiro considera “inadmisible” a postura do PP cos afectados polas preferentes, ao votar en contra da recuperación dos seus cartos no Congreso

Besteiro considera “inadmisible” a postura do PP cos afectados polas preferentes, ao votar en contra da recuperación dos seus cartos no Congreso

Besteiro considera “inadmisible” a postura do PP cos afectados polas preferentes, ao votar en contra da recuperación dos seus cartos no Congreso

O Grupo Parlamentario Socialista pedirá de novo na Cámara unha solución para os aforradores galegos

“Unha vez máis, o Partido Popular promete algo en Galicia pero despois vota todo o contrario nas Cortes”, afirma o líder dos socialistas galegos

“Feijóo ten que atender aos aforradores e esixirlle aos novos donos de Novagalicia que cumpran as súas promesas”, sostén o secretario xeral do PSdeG

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, lamenta a postura do PP cos afectados polas preferentes e as subordinadas e considera “inadmisible” que votara no Congreso dos Deputados en contra dunha proposición non de lei para que recuperaran o se diñeiro.

O Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade en marzo unha proposición para modificar a Lei estatal de reestruturación do sistema financeiro co obxectivo de evitar as quitas. Sen embargo, o pasado día 8, o PP votou en contra nas Cortes de Madrid.

“Unha vez máis, estamos ante un exemplo do que é o Partido Popular, que vota unha cousa en Galicia e a contraria en Madrid; temos un presidente da Xunta que o único que fai e obedecer as ordes de Génova e non é quen de defender os intereses dos galegos”, manifesta o líder dos socialistas galegos.

Besteiro garantiulle aos 35.000 afectados galegos polas preferentes e as subordinadas, pendentes de recuperar uns 500 millóns de euros, que os socialistas votarían no Congreso dos Deputados a favor de impedir as quitas aos aforradores, como así foi o pasado día 8.

“Os aforradores galegos foron vítimas dunha estafa organizada e desde o pasado verán, coa inxusta decisión da Xunta de pechar a vía da arbitraxe, a única posibilidade que teñen é acudir á vía xudicial, o que supón un gasto elevado en taxas xudiciais, avogados e procuradores”, afirmou.

“Por outra parte, os novos propietarios de NGB comprometéronse a resolver o tema en 90 días, pero acaban de anunciar que o adían ata maio cando menos, posto que neste momento aínda é o FROB o propietario; en calquera caso nunca explican cal é a solución que van a dar, co cal só queda, insisto, a vía xudicial neste intre para solventar o tema”, dixo Besteiro.

O grupo socialista no Parlamento de Galicia pedirá de novo na Cámara unha solución para os afectados con varias iniciativas. “O que ten que facer o señor Feijóo e atender aos afectados e esixirlle aos novos propietarios das antigas caixas que cumpran as súas promesas”, engadiu.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar