Besteiro considera “imprescindible que Galicia e Feijóo teñan forza e peso no debate enerxético” para ser competitivos e evitar a marcha de empresas como Alcoa

Besteiro considera “imprescindible que Galicia e Feijóo teñan forza e peso no debate enerxético” para ser competitivos e evitar a marcha de empresas como Alcoa

Besteiro considera “imprescindible que Galicia e Feijóo teñan forza e peso no debate enerxético” para ser competitivos e evitar a marcha de empresas como Alcoa

executivaO secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, considerou esta tarde “imprescindible que Galicia, e polo tanto o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, teñan forza e peso no debate enexético” para rebaixar os elevados custes industriais, ser competitivos e evitar a marcha de empresas como Alcoa.

Na rolda de prensa posterior á Executiva dos socialista galegos, Besteiro lembrou que “na miña primeira entrevista con Feijóo xa lle plantexei a necesidadade de ter un papel neste debate, os custes laborales xa non poden ni deben reducirse máis e a competitividade das empresas depende agora en gran medida do custe enerxético”.

“Desgraciadamente, non me fixo caso, o presidente da Xunta non tivo previsión de futuro e agora vemos como a multinacional Alcoa quere pechar a súa fábrica na Coruña; espero que Feijóo demostre que ten algún peso para mediar co Goberno central”, afirmou o líder do PSdeG.

Besteiro lamentou por outra parte que o Partido popular non teña a intención de apoiar no Senado, nunha emenda aos orzamentos, un plan de emprego para Galicia dotado con 50 millóns de euros. “Era unha iniciativa dos socialistas galegos pero os beneficiados ían ser os cidadáns; no debate da iniciativa en Comisión o PP adiantou que non a apoiará, pero Feijóo aínda está a tempo de loitar polos intereses de Galicia e pedirlle a Rajoy que o voto sexa finalmente outro”, aseverou.

O secretario xeral do PSdeG anunciou a celebración dun comité nacional galego o próximo 20 de decembro e considerou “pechado” un ciclo coa celebración das primarias nos municipios de máis de 20.000 habitantes o pasado domingo. “A Executiva dos socialistas galegos está a partir de agora a disposición dos candidatos eliixidos polos militantes para preparar as eleccións de maio”, apuntou.

Non rotundo a un pacto co PP

A preguntas dos xornalistas, José Ramón Gómez Besteiro negou con rotundidade a posibilidade de chegar a un pacto co PP. “Sería como mezclar auga e aceite, defendemos dúas formas de entender a política completamente diferentes e non é posible un pacto”, manifestou o líder dos socialistas galegos.

Por último, a Executiva do PSdeG apoiou a proposta do secretario xeral do PSOE, Pedro Sánches, de abrir una subcomisión no Congreso para analizar unha posible reforma da Constitución. “Pensamos que é o momento idóneo, aínda que o Partido popular non está disposto polo momento”, engadiu Besteiro.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar