Besteiro considera “a crise unha oportunidade para volver a pensar en colectivo, a aposta polo público é o único xeito de cambiar as cousas”

Besteiro considera “a crise unha oportunidade para volver a pensar en colectivo, a aposta polo público é o único xeito de cambiar as cousas”

Besteiro considera “a crise unha oportunidade para volver a pensar en colectivo, a aposta polo público é o único xeito de cambiar as cousas”

16528889168_efb2d3271f_zO secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou hoxe en A Guarda que “a crise ten que ser unha oportunidade para volver a pensar en colectivo, a aposta polo público é o único xeito de cambiar as cousas”.

O líder dos socialistas galegos participou esta tarde en A Guarda nun encontro cunha veintena de representantes de colectivos de carácter social, como Érguete, Avelaiña, San Xerome Emiliani, Conrazones, San Vicente de Paul e Cruz Vermella.

Asistiron tamén á reunión o secretario xeral provincial do PSdeG, Santos Héctor, o alcalde de A Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, e Antonio Lomba, candidato á alcaldía nas próximas municipais. “Os concellos socialistas teñen sido nos últimos anos os que máis investimento realizaron en políticas sociais, fixándoas como prioridade en tempos difíciles”, afirmou Besteiro.

“Por primeira vez en moito tempo pensamos que os nosos fillos poden vivir peor que nós”, manifestou Besteiro, que trasladou aos colectivos o compromiso do proxecto socialista en A Guarda e en toda Galicia “coa loita contra o desemprego e a desigualdade, e coa axuda a quen máis o necesita”.

O obxectivo principal da xuntanza era escoitar as demandas dos colectivos e manifestar o compromiso do partido con eles. “O gasto nos orzamentos da Xunta para políticas sociais era do 70% en 2009, pero agora, cando máis xente o necesita, baixou ao 62%”, apuntou.

“Os cidadáns teñen que elixir que forma de facer política queren e teñen unha oportunidade no mes de maio; os socialistas nos comprometemos a buscar sinerxias co mundo asociativo, enfrontarse cada día coa realidade dun pobo é o maior test, esa é a importancia dun goberno municipal”, rematou Besteiro.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar