Besteiro condiciona un acordo sobre rexeneración a que Feijóo dea explicacións no Parlamento e a que se abra ao resto de forzas e a sociedade civil

Besteiro condiciona un acordo sobre rexeneración a que Feijóo dea explicacións no Parlamento e a que se abra ao resto de forzas e a sociedade civil

Besteiro condiciona un acordo sobre rexeneración a que Feijóo dea explicacións no Parlamento e a que se abra ao resto de forzas e a sociedade civil

“Se chegamos a un acordo que non conte co visto bo do conxunto da sociedade, será papel mollado”, sostén o socialista, que cre que Feijóo debe comparecer porque do contrario “non será creíble”

Besteiro trasladoulle ao presidente da Xunta que Galicia “ten que empezar a revisar” a aposta polas políticas de austeridade, e lembrou que Feijóo “é un dos padriños desta forma de entender a política”
 
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, condicionou hoxe un pacto co PPdeG para a rexeneración democrática a que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, compareza no Parlamento para dar explicacións e información detallada sobre os últimos casos de corrupción e a que sexa “un acordo aberto a todos os partidos e a sociedade civil”.
 
O líder dos socialistas galegos mantivo unha reunión co presidente da Xunta en San Caetano na que trataron tres grandes bloques: a crise económica e social e as súas consecuencias sobre os cidadáns, as medidas de rexeneración democrática corrupción e a renovación de determinados cargos en organismos públicos como o Consello de Contas, o Valedor do Pobo e a CRTVG. “Non viñen a falar de cargos nin de reparto de postos”
 
“Falei en primeiro lugar co presidente da Xunta dos problemas que realmente lles preocupan aos cidadáns, como os derivados da crise económica e social, o anuncio dunha terceira recesión e a negativa evolución do paro; temos unha taxa de actividade case 12 puntos por debaixo da media española e cada vez menos poboación en idade de traballar, o que me alarma profundamente, porque non somos eficaces na loita contra o problema demográfico, e dos últimos informes confirman que a desigualdade é crecente, porque a desigualdade é ineficaz e as sociedades desiguais prosperan menos”, afirmou Besteiro.

O socialista lembrou ante os medios de comunicación que “cada vez máis cidadáns galegos e españois cuestionan as políticas de austeridade do PP, e Feijóo é un dos padriños desa forma de entender a política”, polo que lle trasladou que “temos que empezar a revisar desde Galicia eses comportamentos e a cuestionar ese tipo de políticas”.
 
Co respecto ás medidas para a rexeneración democrática e de loita contra a corrupción, o secretario xeral do PSdeG deixou clara a postura dos socialistas galegos. Para que se poida falar dun acordo Feijóo debe comparecer na Cámara: “Non acusamos ao PPdeG ou a Feijóo de nada irregular, non nos corresponde a nós, pero o presidente da Xunta debe dar explicacións do Parlamento sobre os casos dos que estamos tendo coñecemento estes días, como o dos cursos de formación ou os autos xudiciais que apuntan a un financiamento ilegal do seu partido”, manifestou.

“Se non hai unha comparecencia, ese non é o camiño que o PSdeG quere”, afirmou. “É o que se debe facer neste momento, non estamos para trivialidades e tampouco viñen aquí a aproveitarme dun goberno que está debilitado, pero do contrario o acordo non será creíble”, dixo.
 
Ademais, para poder apoiar novas medidas Besteiro considera imprescindible que o goberno galego lidere un acordo que “sexa aberto ao resto dos partidos políticos e á sociedade civil, xa que se chegamos a un acordo que non conte co visto bo do conxunto da sociedade civil galega, será papel mollado, non servirá para nada e verase superado pola realidade”. O máximo representante do PSdeG lembroulles aos xornalistas que o PP ten paralizada desde hai case ano e medio a comisión para o estudo da corrupción na Cámara galega.
 
“Podemos acordar moitas medidas concretas, de feito os socialistas galegos xa as puxemos enriba da mesa no último Debate do Estado Autonomía, pero o PPdeG rexeitounas; o que sempre ten que estar en primeiro lugar é a obrigación de transparencia e rendición de contas por parte dos partidos políticos, que os cidadáns teñan toda a información”, engadiu.
 
Con respecto á renovación do Consello de Contas, o Valedor do Pobo ou a CRTVG, tres anos paralizado desde que se aprobou a lei, Besteiro comprometeuse a que os socialistas se comprometen a “non bloquear ningún proceso de renovación de organismos públicos como si fai o PP cando está na oposición”. “Eu non viñen aquí a falar de nomes nin de reparto de cargos”
 

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar