Besteiro comprométese a traballar para a clase media e os traballadores, como “alternativa ás políticas de recortes do PP”

Besteiro comprométese a traballar para a clase media e os traballadores, como “alternativa ás políticas de recortes do PP”

Besteiro comprométese a traballar para a clase media e os traballadores, como “alternativa ás políticas de recortes do PP”

“A dereita en España e en Galicia pecha filas contra os dereitos civís e para quebrantar as regras de xogo democrático”, asegura o líder dos socialistas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, comprometeuse hoxe en Silleda a traballar para recuperar os dereitos dos traballadores e da clase media de Galicia, facendo fronte ás “políticas de recortes do Partido Popular”.

Nunha comida con más de trescentos militantes, o líder dos socialistas galegos solicitou “o esforzo de todos para solucionar os problemas reais das persoas e procurar o progreso da sociedade no seu conxunto”.

Na súa intervención, Besteiro manifestou que “temos que ser coherentes e fieis aos nosos ideais, fronte a unha dereita que pecha filas contra os dereitos das mulleres, para limitar a xustiza universal e para quebrantar as regras do xogo democrático en Galicia con Núñez Feijóo, que dinamita o consenso e quere aplicar o rodillo para aprobar unha reforma electoral en solitario a pesares de ter só o 24,5% dos votos”.

“Creo que a dereita ten unha capacidade innata para crispar cando goberna e isto ten que darnos máis forza ós socialistas para representar a forza do cambio construtivo, teño moi claro que o que nos une e nos da sentido como socialistas galegos é a clase traballadora”, afirmou o secretario xeral do PSdeG. “Non é o momento de resistir, é o momento de rexeitar pero, sobre todo, é o momento de contraatacar”, proclamou.

Tamén interviron ante os militantes o alcalde do municipio, Manuel Cuíña, e a secretaria xeral do PSdeG en Silleda, Paula Fernández. Na comida estiveron a secretaria de Organización dos socialistas galegos, Pilar Cancela; Tania García, secretaria de Organización provincial; Carmen Gallego, viceportavoz do Grupo Socialista, e outros membros do partido como Manuel Vázquez, Ricardo Varela, Francisco Caamaño e os secretarios xerais das agrupacións municipais da comarca do Deza.

Besteiro reclamou aos militantes de Silleda e ao conxunto do PSdeG “un discurso político á altura do que a xente agarda de nós, facendo política desde a esquerda para toda a cidadanía”. Como primeiro paso, solicitou o esforzo de todos nas eleccións europeas, “nas que Galicia xógase moito, con temas como a PAC ou as políticas de pesca, e o PSOE aposta forte cunha persoa como Elena Valenciano, que terá en conta os problemas dos galegos”.

No eido municipal, Besteiro defendeu o protagonismo dos concellos como Silleda, “son unha baza fundamental para a recuperación, temos que facerlle fronte aos intentos de centralización do PP, que o único que quere e terminar cos municipios, lle estorban”, dixo, e apuntou que “nós facemos o contrario do que fai a dereita, os socialistas atallamos os problemas alí onde realmente existen, non creamos uns novos”.

“Existe unha batalla ideolóxica para decidir se os Estados quedarán subsumidos ós mercados, e se a riqueza dun 10% da poboación se aproveita do traballo do outro 90%; eu estou seguro de que os socialistas somos a única alternativa capaz de construír un modelo de progreso social e económico distinto ao actual desde o compromiso e a responsabilidade”, engadiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar