Besteiro comprométese a que os socialistas de Galicia e Madrid manterán “unha posición de forza e unidade” para defender ao cerco galego e buscar “solucións xustas”

Besteiro comprométese a que os socialistas de Galicia e Madrid manterán “unha posición de forza e unidade” para defender ao cerco galego e buscar “solucións xustas”

Besteiro comprométese a que os socialistas de Galicia e Madrid manterán “unha posición de forza e unidade” para defender ao cerco galego e buscar “solucións xustas”

O secretario xeral dos socialistas reuniuse con representantes do sector e mañá manterá outro encontro en Madrid cos traballadores e os portavoces de Pesca do PSOE no Congreso e no Senado

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou hoxe que os socialistas de Galicia e Madrid “terán a mesma postura, forte e unida, para defender os intereses do sector do cerco galego, temos que buscarlle unha solución xusta aos traballadores”.

“A Xunta de Feijóo asegura que negociou co sector, pero agora vemos que os traballadores non está dacordo co reparto de cotas, e nós estamos na obriga de defender os seus intereses en Galicia, en Madrid e en Bruxelas”, afirmou o líder dos socialistas.

Besteiro, xunto a secretaria de pesca da Executiva Nacional, María del Carmen Casalderrey, á viceportavoz do PSdeG no Parlamento, Carmen Gallego, e o portavoz de Pesca dos socialistas na Cámara, José Ramón Val, mantivo esta tarde unha reunión en Santiago con representantes do sector do cerco, entre os que estaban Andrés García, de Sada, e Eduardo Carreño, de Portosín.

Unha vez escoitadas as súas demandas, Besteiro participará mañá en Madrid nun encontro ao que asistirán representantes do sector, a portavoz de Pesca do grupo socialista no Congreso dos Deputados, Consuelo Rumí, e o portavoz de Pesca do grupo socialista no Senado, Miguel Fidalgo.

Os socialistas propoñen volver sentar ao sector e negociar co Goberno uns criterios de reparto diferentes, xa que os actuais prexudican á Galícia. “Pídolle a Feijóo que faga como o Goberno de Asturias, que está cos traballadores, mentres a Xunta dálles as costas”, sostén.

O deputado José Ramón Val considera que “mentres non se entre no fondo da cuestión, que é o cambio nos criterios de reparto a través da Secretaría do Mar do ministerio, non se solucionarán os problemas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar