Besteiro coincide na radiografía “dunha Galicia capaz” de afrontar os seus retos, pero considera o Goberno de Feijóo “esgotado e sen nada que ofrecerlle aos galegos”

Besteiro coincide na radiografía “dunha Galicia capaz” de afrontar os seus retos, pero considera o Goberno de Feijóo “esgotado e sen nada que ofrecerlle aos galegos”

Besteiro coincide na radiografía “dunha Galicia capaz” de afrontar os seus retos, pero considera o Goberno de Feijóo “esgotado e sen nada que ofrecerlle aos galegos”

BesteiroO secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, coincidiu hoxe coa radiografía “dunha Galicia capaz” que fixo o presidente da Xunta, pero considera o Goberno de Feijóo “esgotado e sen nada que ofrecerlle aos galegos”.

O líder dos socialistas galegos lamentou, tras escoitar a mensaxe de Fin da Ano de Alberto Núñez Feijóo, “que teñamos un presidente da Xunta que si non estivese ninguén o notaría, cunha preocupante falta de ambición, sen proxecto e asentado no inmovilismo”.

“Remata 2014 dun xeito ben diferente desa Galicia que retrata Núñez Feijóo, unha Galicia donde somos menos, máis vellos e desgrazadamente máis pobres, por primeira vez as pensións desprazan como principal fonte de ingresos dos fogares aos salarios, hai máis pensionistas que xente activa cobrando un salario”, afirma.

Besteiro denuncia que Núñez Feijóo se agoche nos premios e galardóns recibidos por numerosos galegos e galegas durante 2014, “xa que o que debería facer é asumir a súa responsabilidade” por apostar desde hai seis anos por unha austeridade “que só trouxo máis débeda, máis paro, máis probreza e un futuro máis negro para as familias do país”.

O secretario xeral do PSdeG considera que “os datos reflicten a política de Feijóo, con 250.000 galegos sen emprego”, 70.000 mozos e mozas que “tiveron que marchar de Galicia” e unha débeda que supera os 10.000 millóns de euros, “moi por enriba dos orzamentos da Xunta para 2015”.

Por outra parte, Besteiro considera “feble” o mensaxe de Feijóo á hora de falar da corrupción política, tendo en conta os casos que afectan ao seu partido, “e tamén estrano que como presidente da Xunta presuma de falar en galego nos medios públicos, mentres lidera un Goberno que despreza a nosa lingua”.

“Feijóo presume e fai súas as boas novas en sectores tradicionais e estratéxicos para Galicia como a automoción, das que todos nos alegramos, mentres milleiros de traballadores da industria galega perden o seu emprego tras escoitar as súas falsas promesas durante anos”, engadiu Besteiro.

O máximo representante dos socialistas galegos rematou amosando a súa satisfacción “pola chegada do ano do cambio, de rachar cunhas maiorías do PP que trouxeron paro, endebedamento e pobreza, e os socialistas traballaremos profundamente para que chegue ese cambio a toda Galicia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar