Besteiro chama aos mozos e mozas galegas a votar o 25 de maio “a un goberno socialista para que volvan as becas e as políticas de emprego xuvenil”

Besteiro chama aos mozos e mozas galegas a votar o 25 de maio “a un goberno socialista para que volvan as becas e as políticas de emprego xuvenil”

Besteiro chama aos mozos e mozas galegas a votar o 25 de maio “a un goberno socialista para que volvan as becas e as políticas de emprego xuvenil”

“Hai futuro e temos que pelexar por esa outra Europa que queremos e na que cremos, porque ademais os mozos só tiveron oportunidades cos gobernos socialistas”, afirma

O secretario xeral do PSdeG lembra que impulsarán en Europa triplicar o orzamento adicado para o emprego xuvenil

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, pediu hoxe en Santiago aos mozos e mozas galegas que o próximo domingo, 25 de maio, voten “a un Goberno socialista para que volvan as becas e as políticas de emprego”.

O líder dos socialistas galegos participou nun acto co candidato do PSdeG ao Parlamento europeo, José Blanco, e os secretarios xerais das Xuventudes Socialistas de Galicia, Aitor Bouza, e de España, Nino Torre. “O PP quere enfriar tanto esta campaña que a está crioxenizando, pero non podemos esquecer que coa dereita en Europa e con Rajoy e Feijóo en Madrid e na Xunta, desapareceron as políticas de emprego e triplicouse o paro xuvenil”, asegurou.

“Todos sabemos que foron os Gobernos socialistas os que impulsaron as becas, o impulso aos emprendedores e as axudas para a emancipación dos mozos e mozas, pero ao Partido Popular non lle importa que volva a emigración”, manifestou Besteiro.

En opinión do secretario xeral do PSdeG, “Europa ten a oportunidade nas vindeiras eleccións de pór freo ás políticas impulsadas polo Partido Popular desde que goberna e que son tan lesivas para Galicia e para os mozos galegos”.

“Os estudos demoscópicos revelan que a poboación moza é a máis europeísta en Galicia. Hai futuro e temos que pelexar por esa outra Europa que queremos e na que cremos, porque ademais os mozos só tiveron oportunidades cos gobernos socialistas”, dixo o líder dos socialistas galegos.

Desde que goberna o PP, máis de 100.000 mozos preparados e formados tiveron que emigrar de Galicia. “É necesario rematar con esta sangría e iso só se pode facer poñendo o emprego na prioridade política da UE; por iso os socialistas levamos unha proposta para triplicar os fondos para o emprego xuvenil, para que a xente ben preparada e formada se poida quedar neste país, xerando unha dinámica que supoña economía produtiva e emprego de futuro”, afirmou.

Recuperar a esperanza
Pola súa parte, José Blanco apuntou que “da crise sáese enterrando a austeridade suicida na que nos embarcou a dereita. A dereita está a inocular un virus: o virus da inoperancia de Europa. Peor aínda, de Europa como ameaza: como ameaza ao benestar, como ameaza á igualdade, como ameaza ao futuro”.

“Esa é a batalla deste tempo: recuperar a Europa da ambición, da esperanza, da solidariedade, da igualdade, do progreso. Necesitamos recuperar Europa para a cidadanía”, dixo o candidato do PSdeG ao Parlamento europeo, que engadiu que “o 25 de maio temos a oportunidade de recuperar as chaves e abrir o caixón das boas intencións que, ademais, son boas políticas: as xustas, as ambiciosas e as necesarias”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar