Besteiro chama a “defender o público e o común desde o municipalismo”, fronte a frivolidade dos gobernos do Partido Popular

Besteiro chama a “defender o público e o común desde o municipalismo”, fronte a frivolidade dos gobernos do Partido Popular

Besteiro chama a “defender o público e o común desde o municipalismo”, fronte a frivolidade dos gobernos do Partido Popular

congreso1O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, fixo hoxe un chamamento na Coruña a “defender o público e o común desde o municipalismo”, fronte a “frivolidade” dos gobernos do Partido Popular.

Na súa intervención na clausura do congreso extraordinario do PSOE na provincia da Coruña, Besteiro lembrou “o proceso de transformación iniciado por este partido coas primarias, unha transformación para mellor dándolle á militancia o dereito a votar e a decidir”.

O líder dos socialistas galegos comprometeuse a “apoiar no que poda, aínda que alguna vez podamos discrepar”, á nova Executiva provincial liderada por Julio Sacristán, “que ten por diante un reto moi importante como son as eleccións municipais que empezan xa”.

“A crise levouse por diante moitas cousas e a xente mira agora de novo o que lle poden ofrecer os socialistas cunha dereita que se funde; temos que loitar polos intereses da maioría en cidades como A Coruña, Santiago, Ferrol e tamén noutras vilas máis pequenas da provincia”, manifestou.

O secretario xeral do PSdeG demandou “valentía para aplicar os valores socialistas na procura dunha maior igualdade”, deixando atrás o empobrecemento provocado polas políticas do PP. “Nós somos un partido municipalista, temos que estar cerca dos cidadáns”, dixo.

Besteiro valorou a experiencia municipal de Julio Sacristán, “está acostumado a escoitar á xente”, e demandou un esforzo de todos os socialistas para trasladarlle aos cidadáns nos próximos meses as solucións do PSOE para os graves problemas que sofre a sociedade actual.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar