Besteiro celebra cos veciños de Guitiriz o Día das Letras Galegas que homenaxea a Díaz Castro, “poeta que cantou ao resplandor das cousas e dos seres máis humildes”

Besteiro celebra cos veciños de Guitiriz o Día das Letras Galegas que homenaxea a Díaz Castro, “poeta que cantou ao resplandor das cousas e dos seres máis humildes”

Besteiro celebra cos veciños de Guitiriz o Día das Letras Galegas que homenaxea a Díaz Castro, “poeta que cantou ao resplandor das cousas e dos seres máis humildes”

O líder dos socialistas galegos destaca “a transcendencia na literatura galega do século XX do seu poemario Nimbos”

O secretario xeral do PSdeG participou na sesión extraordinaria que a RAG celebrou en Guitiriz

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, celebra hoxe cos veciños de Guitiriz a merecida homenaxe a Xosé María Díaz Castro con motivo do Día das Letras Galegas. “Falamos dun poeta que cantou ó resplandor das cousas e dos seres máis humildes”, asegura o líder dos socialistas galegos.

Naceu en 1914 na parroquia de Os Vilares de Guitiriz e foi un gran admirador de Rosalía de Castro. En vida só publicou un libro, Nimbos, que para moitos críticos é o mellor poemario en lingua galega do século XX, “pero tiña outras moitas facetas e era coñecedor de trece linguas, o que lle permitiu acadar unha produción moi políglota”, asegura Besteiro.

“Nimbos resulta de tal transcendencia pola súa escrita profunda, sentida e humana, que o fai singularmente esencial na historia da nosa literatura”, considera o secretario xeral do PSdeG, que participou en Guitiriz na sesión extraordinaria da Real Academia Galega (RAG).

Nos diferentes actos celebrados estes días púxose de manifesto a obra dun poeta que, en opinión de José Ramón Gómez Besteiro, “escribía desde unha percepción universalista dun mundo inmenso que el acumulaba no seu corazón, desbordado na Galicia vivificadora que sempre defendeu”.

“Agardamos que cantos recoñecementos se lle están a tributar neste ano redunden na pervivencia da obra que sitúa a Xosé María Díaz Castro entre os grandes das Letras Galegas”, engadiu.

Manifesto polo Día das Letras Galegas

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar