Besteiro: “Blindaremos os dereitos dos cidadáns, cunha resposta única nunha España federal que respete a singularidade de Galicia”

Besteiro: “Blindaremos os dereitos dos cidadáns, cunha resposta única nunha España federal que respete a singularidade de Galicia”

Besteiro: “Blindaremos os dereitos dos cidadáns, cunha resposta única nunha España federal que respete a singularidade de Galicia”

zaraO secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, manifestou en Zaragoza que “o PSOE empeza hoxe a situar a Galicia onde merece, no vagón das comunidades históricas fronte ao inmovilismo de Feijóo”. O líder do PSdeG participou no primeiro Consello Federal que celebra o partido con Pedro Sánchez e os líderes autonómicos.

“O PSOE demostra unidade, orde e criterio, frente a gobernos do PP que están desunidos, sen rumbo e sen criterio de futuro; os socialistas sabemos o que beneficia a España e a Galicia, frente aos que queren romper co sistema e os inmovilistas do Goberno”, afirmou Besteiro, que defende “unha resposta única en todo o territorio, pero tendo en contas as singularidades de comunidades autónomas como Galicia”.

O secretario xeral do PSdeG lembrou que “estamos vivindo a maior crise institucional da historia da democracia e os socialistas temos clara a nosa proposta, que pasa en primeiro lugar por blindar os dereitos e liberdades dos cidadáns, deixando atrás a austeridade nociva de Rajoy e Feijóo; estamos peor que hai catro anos, con máis pobreza e máis débeda”.

En segundo lugar, “modernizaremos a democracia, cunha auténtica rexeneración e unha transformación desde unha España autonómica hacia unha España federal, respetando as singularidades autonómicas e por suposto con Galicia no vagón das comunidades históricas”.

“Afrontaremos e traballaremos para acadar o financiamento autonómico que Galicia necesita, por máis que Feijóo non amose moito interese en defener os intereses dos galegos”, engadiu Besteiro, que rematou lembrando a intención do PSOE “de iniciar reformas importantes, para o que é necesario convocar con urxencia unha conferencia de presidentes”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar