Besteiro avoga por “recuperar co proxecto socialista de Mar Barcón a prosperidade para A Coruña”, convertida con Negreira “nunha cidade irrelevante que actúa de sucursal do PPdeG”

Besteiro avoga por “recuperar co proxecto socialista de Mar Barcón a prosperidade para A Coruña”, convertida con Negreira “nunha cidade irrelevante que actúa de sucursal do PPdeG”

Besteiro avoga por “recuperar co proxecto socialista de Mar Barcón a prosperidade para A Coruña”, convertida con Negreira “nunha cidade irrelevante que actúa de sucursal do PPdeG”

16437379109_ecae916dc1_zO secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, avogou hoxe por “recuperar co proxecto socialista de Mar Barcón a prosperidade para A Coruña”, convertida co alcalde Carlos Negreira “nunha cidade irrelevante que actúa de sucursal do Partido Popular de Galicia”.

“Somos un partido absolutamente municipalista e A Coruña foi durante moitos anos cos socialistas un exemplo de puxanza, de crecemento, de mellora e de benestar, cunha cidadanía que participaba de todas as melloras sociais”, manifestou o líder do PSdeG.

O líder dos socialistas participou na Casa do Pobo de A Coruña na primeira das reunións que o grupo parlamentario de PSdeG celebrará en diferentes cidades e comarcas galegas, nesta ocasión co grupo municipal liderado por Mar Barcón. Antes da xuntanza, Besteiro, a candidata á alcaldía, José Luis Méndez Romeu, portavoz na Cámara galega, e Carmen Gallego, portavoz de Política Social do Grupo Parlamentario, visitaron a Asociación Pro Enfermos Mentais de A Coruña (APEM).

“A Coruña terá por primeira vez unha muller alcaldesa, Mar Barcón, que ten moi claros cales deben ser os obxectivos para recuperar a prosperidade, hai outra forma distinta de gobernar centrada nos problemas dos veciños, a única maneira de facer as cousas é pensando no ben dos cidadáns”, engadiu Besteiro.

“Despois de catro anos negros de xestión, os coruñeses teñen que sentir que hai un Concello que se ocupa deles, dos seus problemas reais e non de temas que non deben ter nada que ver coa política, a candidatura do PSdeG é moi competitiva”, aseverou.

Pola súa parte, o portavoz dos socialistas no Parlamento de Galicia, José Luis Méndez Romeu, lembrou que “A Coruña marcou fitos senlleiros no municipalismo e agora temos un Goberno galego que incumpre os seus compromisos coa cidade, tanto en materia de emprego como en infraestruturas tan importantes como o porto exterior”. O PSdeG levará de novo á Cámara nas vindeiras datas iniciativas relativas á cidade.

A candidata a alcaldía, Mar Barcón, lamentou tamén “o desprezo do proxecto do PP coa universidade, a dependencia, os colectivos máis desfavorecidos ou o impulso do I+D, A Coruña perdeu unha lexislatura e o noso obxectivo é recuperar as políticas sociais e o emprego”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar