Besteiro asegura que “traballaremos para que en torno aos socialistas se protagonicen os cambios de futuro” que demanda a cidadanía

Besteiro asegura que “traballaremos para que en torno aos socialistas se protagonicen os cambios de futuro” que demanda a cidadanía

Besteiro asegura que “traballaremos para que en torno aos socialistas se protagonicen os cambios de futuro” que demanda a cidadanía

“Quero agradecer o traballo de Alfredo Pérez Rubalcaba, que hoxe estivo á altura das circunstancias”, manifestou o líder dos socialistas galegos

A formación celebrará un Comité nacional galego o próximo 5 de xullo, previo ao Congreso extraordinario dos días 19 e 20 de xullo

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou esta tarde en Santiago que “os socialistas galegos traballaremos para que en torno ao noso partido se protagonicen os cambios de futuro” que demanda a cidadanía.

Na rolda de prensa posterior á Executiva nacional galega, Besteiro comezou agradecendo “o traballo de Alfredo Pérez Rubalcaba, que hoxe estivo á altura das circunstancias, unha decisión que provoca automaticamente a convocatoria dun Congreso extraordinario”.

Pensando nesa cita, o líder dos socialistas galegos anunciou que “celebraremos un Comité nacional galego o día 5 de xullo, no que expresaremos a nosa posición e analizaremos os documentos que se podan debater en relación co Congreso extraordinario dos días 19 e 20 de xullo”.

Con respecto ás eleccións de onte, o secretario xeral do PSdeG manifestou que “o Partido Socialista non obtivo os resultados que esperaba, pero os resultados marcan tamén un estado de opinión, e obxectivamente hai unha clara maioría de esquerdas en Galicia que rexeita as políticas da dereita”.

“O PSdeG ten que traballar máis e mellor para merecer mellores resultados, o voto da esquerda está moi fragmentado e temos que loitar para protagonizar as demandas dos cidadáns”, asegurou. Os socialistas galegos obtiveron, en porcentaxe de voto, o 21,73% nos comicios de onte, fronte ao 20,53% das autonómicas de 2012, “un lixeiro repunte, pero é un dato que non nos pode levar á autocomplacencia, non estamos en absoluto satisfeitos”.

“O que queda patente é o rexeitamento das políticas da dereita que nos últimos anos fixeron sufrir máis á poboación, o apoio ao Partido Popular en Galicia baixou a porcentaxes que non se daban desde hai máis de 25 anos”, sostivo Besteiro.

Con respecto á estratexia a medio prazo do partido, o líder dos socialistas engadiu que “a sociedade quere unha protección clara do sistema público e do emprego, aspectos prioritarios para o PSdeG; seguiremos traballando dunha forma responsable desde a oposición, pero temos vocación de goberno”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar