Besteiro asegura que os socialistas "sempre nos rebelamos contra o abuso sobre a clase traballadora, loitamos e acadamos os cambios que se convertiron en dereitos"

Besteiro asegura que os socialistas "sempre nos rebelamos contra o abuso sobre a clase traballadora, loitamos e acadamos os cambios que se convertiron en dereitos"

Besteiro asegura que os socialistas "sempre nos rebelamos contra o abuso sobre a clase traballadora, loitamos e acadamos os cambios que se convertiron en dereitos"

“O socialismo foi o motor histórico do cambio no noso país, todas as conquistas sociais e laborais logradas na nosa terra son froito da forza e das esixencias dos socialistas”, afirma en Ferrol

O líder dos socialistas galegos advirte dos riscos da aposta de Pemex por Galicia: “Xa dixeron onte que farán barcos en México coa nosa tecnoloxía”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou esta tarde que “os socialistas non só nos indignamos, sempre nos rebelamos contra o abuso sobre a clase traballadora, loitamos e acadamos cambios que se convertiron en dereitos para toda a sociedade”.

Besteiro participou nun mitin en Ferrol xunto a Ramón Jáuregui e o candidato do PSdeG ao Parlamento europeo, José Blanco. O líder dos socialistas galegos referiuse tamén aos riscos da aposta de Pemex polo naval galego: “Os seus directivos recoñeceron onte en Vigo que a parte da súa flota menor que ían construír en Galicia, finalmente o farán en México pero coa nosa tecnoloxía”.

Na súa intervención, o líder dos socialistas galegos manifestou que “non podemos abandonar esa vangarda de loita polo cambio na que sempre vivimos os socialistas, sempre estivemos impulsando o avance das sociedades, contra a sociedade de ricos e pobres e abrindo o camiño das conquistas sociais”.

Lembrou que “sempre que os socialistas contamos co apoio da maioría social, facemos efectivas todas aquelas reivindicacións xustas, que inflúan en mellorar a calidade de vida dos cidadáns e signifiquen unha ampliación e consolidación dos dereitos: dereitos laborais, dereitos civís, dereitos sociais”.

Entre os dereitos sociais acadados polos socialistas, Besteiro citou a xornada laboral de oito horas, os dereito de vacacións pagadas, manifestación, folga e liberdade sindical, ou a ampliación da protección por desemprego eo SMI (Salario Mínimo Interprofesional).

“Grazas ás forzas socialistas estableceuse un sistema público de educación gratuíto e de calidade, un sistema público de sanidade, a xeneralización das pensións, introducindo as non-contributivas, a lei de dependencia e o matrimonio entre persoas do mesmo sexo”, afirmou no mitin o secretario xeral do PSdeG.

Por último, Besteiro fixo mención “ao papel fundamental da muller na sociedade”, que os socialistas fortaleceron recentemente “coa lei de aborto ou a introdución das Medidas de Protección Integral contra a violencia de xénero”.

“Europa para os cidadáns”
Pola súa parte, José Blanco manifestou que “Ferrol ten futuro se o domingo comezamos a pechar a porta ao pasado que representa a dereita en Galicia, en España e en Europa”. “Nesta cidade construíronse os máis grandes barcos e coa mesma forza coa que se venceron tales desafíos, temos que construir a maior victoria do cambio o 25 de maio”, dixo.

“Temos que recuperar Europa para os cidadáns. Recuperar a Europa social é a única vía para recuperar a senda do crecemento económico e a cohesión social en Galicia e en España. Se o candidato do PP censura as preguntas, respondámoslle cun voto de censura masivo nas urnas o próximo domingo”, afirmou Blanco.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar