Besteiro asegura que os socialistas negociarán en Europa unha política pesqueira común que garanta “o máximo rendemento para as poboacións da costa galega”

Besteiro asegura que os socialistas negociarán en Europa unha política pesqueira común que garanta “o máximo rendemento para as poboacións da costa galega”

Besteiro asegura que os socialistas negociarán en Europa unha política pesqueira común que garanta “o máximo rendemento para as poboacións da costa galega”

“Co Goberno do PP en Galicia e en Europa, a nosa pesca perdeu en cinco anos 4.500 traballadores”, manifestou nun mitin celebrado en Camariñas

“A dereita leva de candidato ao ministro Cañete, o auténtico responsable do inxusto reparto das cotas do cerco”, afirmou

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou hoxe que a nova PPC “debe garantir que durante o seu desenvolvemento as poboacións pesqueiras acaden os máximos rendementos, sen poñer por suposto en perigo a preservación das especies e a substentabilidade do medio natural”.

O líder dos socialistas galegos participou esta tarde nun mitin en Camariñas, un dos municipios que se viron prexudicados polo reparto das cotas para a flota do cerco. “O PP leva agora de candidato ao ministro Cañete, que foi o auténtico responsable dunha negociación na que perdeu Galicia”, asegurou.

“En interese de Galicia, ademais, consideramos que a UE tería que eliminar o Principio de Estabilidade Relativa, é dicir, o baremos polo que Europa reparte os TAC's e as cotas anuais, que nos resultan prexudiciais; temos polo tanto moitas tarefas pendentes, entre elas prioritariamente esta, pola que loitaremos os socialistas galegos” engadiu Besteiro.

Os socialistas lamentan que “co Goberno de Feijóo, a pesca en Galicia perdeu 4.500 traballadores en cinco anos, temos unha Xunta que está desaparecida na xestión dos recursos pesqueiros, negociando cotas insuficientes e admitindo acordos con terceiros países lesivos o noso sector”.

“Os socialistas galegos cremos que chegou o momento do cambio, de contraatacar esta situación, e a nosa primeira oportunidade chegará o 25 de maio coas eleccións europeas, outra Europa é posible da man dos socialistas”, afirmou o secretario xeral do PSdeG.

Recuperación para todos
Antes do mitin en Camariñas, o secretario xeral do PSdeG estivo en Redondela, onde manifestou que “o voto nestas eleccións ten que ser unha mensaxe clara de rexeitamento á dereita cómplice e causante en Galicia, en España e en Europa da política de austeridade que só trouxo máis paro, máis endebedamento e máis incerteza”.

“Hai dúas opcións: votar á dereita para que todos sigamos perdendo como traballadores, como país e como sociedade; ou votar a esquerda que representamos os socialistas europeos e que nos permitirá volver a recuperar o noso futuro dos noso fillos”, dixo Besteiro.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar