Besteiro asegura que os ourensáns poderán elixir en maio “entre un alcalde socialista autónomo nas súas decisións e o candidato teledirixido do PP”

Besteiro asegura que os ourensáns poderán elixir en maio “entre un alcalde socialista autónomo nas súas decisións e o candidato teledirixido do PP”

Besteiro asegura que os ourensáns poderán elixir en maio “entre un alcalde socialista autónomo nas súas decisións e o candidato teledirixido do PP”

16645752025_656a9c4496_zO secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou hoxe que os cidadáns de Ourense poderán elixir nas eleccións municipais de maio “entre un alcalde do PSdeG autónomo nas súas decisións e o candidato teledirixido do PP”.

O líder do PSdeG e a secretaria de Organización, Pilar Cancela, asistiron esta tarde á presentación da candidatura socialista para a cidade de Ourense encabezada por José Ángel Vázquez Barquero. “Temos unha moi boa candidatura e un candidato que quere ser alcalde, mentres a outros lles impuxeron ser candidatos á alcaldía”, afirmou Besteiro.

O máximo representante dos socialistas galegos agradeceu o traballo do actual alcalde, Agustín Fernández, e apuntou que “o proxecto de Vázquez Barquero, a diferenza doutros, está pensado por e para Ourense e os seus cidadáns, terá todo o apoio da Executiva galega”.

“Onte, no Debate sobre o Estado da Nación, quedou claro que hai outra forma de gobernar, xa que o PP prometeu emprego, riqueza, crecemento e menos débeda, pero o escenario é o peor que podiamos imaxinar, con moita máis desigualdade”, dixo Besteiro.

En opinión do líder do PSdeG, “Rajoy perdeu ademais onte a moderación e a corrección, vimos a un presidente desorientado e nervioso, polo que estamos nun momento importante para nós, os socialistas temos que afianzar a nosa alianza cos cidadáns e traballar pola igualdade de oportunidades”.

“Tras o proceso competitivo e democrático das primarias, eu o único que pido é o traballo e o esforzo da candidatura e de todos os militantes, temos que explicarlles cara a cara aos cidadáns o noso proxecto, baseado na igualdade de oportunidades e na defensa dos servizos públicos”, engadiu.

Pola súa parte, Vázquez Barquero manifestou que a candidatura “integra diferentes sensibilidades, temos un proxecto plural para gañar as eleccións municipais e levar estabilidade á cidade, un proxecto socialista que é o que demandan os cidadáns”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar