Besteiro asegura que o código ético de Feijóo “xa está recollido na Lei de Transparencia do 2006, o interesante sería coñecer o criterio do PP ante os casos de corrupción”

“Non hai novidades, é un desenvolvemento dunha Lei do ano 2006 que Feijóo trata de ocultar”, afirma o líder dos socialistas galegos

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou hoxe en Santiago que o código ético presentado onte polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, “xa está recollido na Lei de Transparencia do ano 2006”.

“O que resultaría máis interesante para a sociedade é saber cal é a posición do Partido Popular ante os casos de corrupción, aí si que sería bo que desenvolvesen un código ético e tivesen un criterio, o que presentaron onte está na Lei promovida durante o Goberno de Touriño que agora Feijóo trata de ocultar”, manifestou o secretario xeral dos socialistas galegos.

Besteiro inaugurou no Parlamento de Galicia unha xornada sobre política social organizada polo Grupo Socialista. A preguntas dos medios de comunicación, o secretario xeral do PSdeG reiterou que “o código ético do PP non afronta grandes novidades, hai que situalo na situación e no contexto actual, pero é un desenvolvemento da Lei de 2006”, engadiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar