Besteiro asegura que “no aborto, onte quedou demostrado que Feijóo e Rajoy son o mesmo, ou sexa que fóra caretas agora que estamos no entroido”

Besteiro asegura que “no aborto, onte quedou demostrado que Feijóo e Rajoy son o mesmo, ou sexa que fóra caretas agora que estamos no entroido”

Besteiro asegura que “no aborto, onte quedou demostrado que Feijóo e Rajoy son o mesmo, ou sexa que fóra caretas agora que estamos no entroido”

O secretario xeral dos socialistas galegos considera que o sobresemento provisional da causa contra Orozco “é unha boa noticia para el e polo que representa para a política”

“As primarias son un mecanismo san de democracia interna, xa que serán os militantes os que decidan a composición das listas”, dixo

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegura que onte no Parlamento de Galicia quedou claro que “Feijóo e Rajoy son o mesmo e están en contra da liberdade das mulleres en relación á interrupción voluntaria do embarazo, ou sexa que fóra caretas agora que estamos no Entroido”.

En resposta aos medios de comunicación nun acto en Lugo, o líder dos socialistas galegos referiuse tamén ao sobresemento provisional da causa contra o alcalde de Lugo, José López Orozco, pola repartición duns complementos de produtividade a funcionarios. “Estou contento por el e polo que representa para a política a desimputación”, manifestou.

Sobre a posibilidade de limitar a presenza de imputados nas listas electorais, Besteiro dixo que “o Partido Socialista ten un mecanismo san e que depura, que son as primarias, e aí os militantes deciden”, ao marxe de lembrar que “o PSdeG dará pasos nos próximos días para plasmar nunha proposición de lei novas medidas para evitar a corrupción”.

Realidade dura

“Estamos nunha situación complicada e hai datos como o do Banco de España, que di que os salarios caeron máis do dobre do previsto, que reflicten en que país vivimos, o PP fala dunha realidade virtual de macrocifras, pero a verdadeira realidade é outra, dura e tráxica para os que menos gañan e para as mulleres; os socialistas traballamos de forma intensa para demostrar á xente que outra política é posible”, apuntou Besteiro.

Por último, o secretario xeral do PSdeG falou da sentenza da UE que ditamina que o céntimo sanitario recadado en España é contrario ao dereito comunitario. “É un caso máis de repago, agora hai que esperar a ver como as administracións aplican a sentenza, e un exemplo máis de medidas que ao final sempre pagan os cidadáns, como tamén pasa co lixo ou a luz”, engadiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar