Besteiro asegura que José Blanco “será un magnifico representante do PSdeG e dos intereses dos galegos en Europa”

Besteiro asegura que José Blanco “será un magnifico representante do PSdeG e dos intereses dos galegos en Europa”

Besteiro asegura que José Blanco “será un magnifico representante do PSdeG e dos intereses dos galegos en Europa”

“Quero facer un recoñecemento ao gran traballo feito en Bruxelas durante dez anos por Antolín Sánchez Presedo”, afirma o secretario xeral dos socialistas galegos

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou hoxe en Madrid que José Blanco, número 10 da candidatura para as eleccións europeas, será “un magnífico representante dos socialistas galegos e dos intereses do conxunto de Galicia en Europa”.

Tras o comité federal do PSOE, onde os socialistas aprobaron co 98% dos votos a súa candidatura ás eleccións europeas de maio, Besteiro manifestou sentirse “moi satisfeito por unha lista forte, consensuada e apoiada por todos os territorios”.

“José Blanco está en postos de saída nunha lista que contou cun apoio maioritario e a súa presenza é moi importante para Galicia, á marxe de que o PSdeG e a federación galega contarán cun inmellorable candidato”, afirmou o líder dos socialistas galegos.

“A diversidade territorial é importante en Europa e Galicia xógase moito nestas eleccións, por temas como a pesca, a política agraria común ou o reparto dos fondos estruturais”, dixo Besteiro, que quixo recoñecer “o magnífico traballo desenvolvido en Bruxelas durante dez anos por Antolín Sánchez Presedo”.

Con respecto aos comicios, o secretario xeral dos socialistas galegos lembrou que “os cidadáns xóganse moito, o 25 de maio teñen a oportunidade de decidir entre dous modelos de facer política”. “Os socialistas de toda Europa traballaremos por unha sociedade de crecemento e igualdade de oportunidades, deixando atrás o incremento do paro, a débeda e a desigualdade que provocou a dereita”, manifestou aos medios de comunicación en Ferraz.

“Un triunfo socialista servirá para recuperar a confianza dos cidadáns, presentamos unha lista forte na que Galicia sae reforzada e estou moi satisfeito, levamos un magnífico candidato que loitará por todos os galegos en Bruxelas”, engadiu.

Na candidatura de 54 persoas aprobada hoxe polo PSOE a idade media é de 43 anos e por primeira vez trátase dunha lista cremalleira, onde homes e mulleres teñen a mesma representación.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar