Besteiro asegura que “impulsar o rural galego” é clave para a recuperación económica e demográfica e garante o compromiso dos socialistas co sector primario

Besteiro asegura que “impulsar o rural galego” é clave para a recuperación económica e demográfica e garante o compromiso dos socialistas co sector primario

Besteiro asegura que “impulsar o rural galego” é clave para a recuperación económica e demográfica e garante o compromiso dos socialistas co sector primario

O Goberno de Feijóo “non ten a vontade de loitar polo rural, pero no PSdeG non nos conformamos, temos propostas e solucións”, asegura o líder dos socialistas

O candidato dos socialistas galegos ao Parlamento Europeo, José Blanco, sostén que “en cada decisión na que Arias Cañete mete man, ás xentes do agro e do mar témblalles o bolsillo”

“Para minimizar o forte impacto que terá a entrada en vigor da nova PAC, apostamos por un modelo semellante ao implantado en países como Francia”, afirma Pilar Cancela

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou hoxe en Guitiriz que o “impulso do rural galego” é unha da claves para a recuperación económica e demográfica, ademais de garantir o compromiso dos socialistas co sector primario.

Besteiro clausurou a xornada A Europa rural. Retos de Galicia, organizada polos socialistas galegos en Guitiriz e na que tamén participaron José Blanco, candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo, e Pilar Cancela, secretaria de Organización do partido.

O líder dos socialistas galegos lamentou que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, non teña a vontade de “loitar polo rural” e lembrou que “nos últimos cinco anos, as zonas rurais perderon un 63% máis poboación que as urbanas, e hoxe a metade dos galegos xa centra a súa vida nas sete grandes cidades”. Esta situación provoca o abandono de 1.500 aldeas en Galicia.

“No PSdeG non nos conformamos, temos propostas e solucións, non permitiremos que a Galicia rural se extinga, que esmoreza unha das máis importantes sinais de identidade do noso país e unha forma de vida que historicamente xerou riqueza e emprego, pois precisamente o campo e o sector primario son un dos nosos grandes recursos que debemos aproveitar”, manifestou Besteiro na súa intervención.

O PSdeG traballará co obxectivo de acadar catro premisas fundamentais: garantir que os veciños do campo e a cidade teñan igualdade de oportunidades e servizos; potenciar a innovación e a industria da transformación para fortalecer o sector primario; dar o paso da enxeñería ao márketing para comercializar os nosos produtos, e, por último, conseguir que os fondos europeos como os da PAC cheguen a quen realmente vive e traballa no campo.

“Por iso”, engadiu Besteiro, “debemos ter unha voz forte en Europa como a de José Blanco, que defenderá os intereses e o futuro dos nosos agricultores e gandeiros no Parlamento Europeo”.

“Atender as necesidades da xente”
Na súa intervención, José Blanco dixo que “é evidente que a maioría conservadora que leva gobernando en Europa, e a súa franquicia en España e Galicia, o PP, ofrece máis do mesmo: máis austeridade, máis recortes, máis sufrimento”.

“En suma, máis resignación, pero con resignación e parálise, non se supera ningunha crise, os dereitos sociais non se recuperan quedando na casa, para cambiar hai que mobilizarse a prol dunha maioría alternativa que volva poñer as persoas e a xustiza social no corazón de Europa; porque diso se trata, de atender as necesidades da xente”, sostivo.

Blanco manifestou que “o agro ten futuro en Galicia e Galicia ten potencial de desenvolvemento económico no seu agro, sempre e cando revertamos as prioridades e os criterios de reparto das axudas europeas decididos por Arias Cañete e que son un ataque á liña de flotación dos nosos agricultores e gandeiros e das características diferenciais de Galicia; en realidade, en cada decisión na que Arias Cañete mete man, ás xentes do agro e do mar témblalles o bolsillo”.

Con respecto á PAC, Pilar Cancela afirmou que, para minimizar o forte impacto que terá a entrada en vigor do novo reparto de fondos, “apostamos por un modelo semellante ao implantado en países como Francia, onde estas axudas priman a gandeiría e a defensa dos produtores como un activo fundamental para a economía do país”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar