Besteiro asegura que “Feijóo ten mañá no Parlamento unha oportunidade de ouro para pedir desculpas, xa que estivo sempre con Gallardón apoiando a reforma do aborto”

BesteiroO secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou hoxe que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, “ten mañá unha oportunidade de ouro no Parlamento para pedir desculpas, xa que estivo sempre do lado do ministro Gallardón apoiando a reforma do aborto”.

“Pídolle ao presidente da Xunta que pida desculpas pola actitude do seu partido, que no Parlamento de Galicia apoiou unha reforma inxusta e retrógrada que atentaba contra os dereitos da muller”, sostén o líder dos socialistas galegos, que lamenta que “Feijóo estea na ala dura do PP”.

“Non atendeu as peticións do PSdeG na Cámara para evitar a reforma do aborto, está na ala radical do seu partido e espero que tome nota para actuar en consecuencia noutras cuestións”, afirma Besteiro.

Para o secretario xeral do PSdeG, “queda claro unha vez máis que o Partido Popular só acerta cando rectifica tras escoitar a opinión dos cidadáns, gobernan de costas á xente”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar