Besteiro asegura que “chegou o momento de contraatacar” ante a política de continuos recortes e privatizacións do Partido Popular

Besteiro asegura que “chegou o momento de contraatacar” ante a política de continuos recortes e privatizacións do Partido Popular

Besteiro asegura que “chegou o momento de contraatacar” ante a política de continuos recortes e privatizacións do Partido Popular

O secretario xeral dos socialistas galegos garante que “loitará polos dereitos da clase traballadora, que está lonxe da recuperación virtual que defende a dereita”

“Feijóo e o campión do paro xuvenil, apoia a reforma do aborto e despreza piares básicos da democracia como son a sanidade e a educación públicas”, afirma

Besteiro apoia as mobilizacións de Alianza Social Galega e solidarízase cos traballadores de Navantia en Ferrol

BesteiroO secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, proclamou esta tarde en Ferrol que “chegou o momento de rexeitar e contraatacar” para frear as políticas de recortes e privatizacións da Xunta de Galicia e do Goberno central.

“Mentres o PP fala dun país virtual ao amparo das cifras macroeconómicas, na rúa hai máis de 280.000 galegos que non poden traballar, as pensións na nosa autonomía son as máis baixas de España e, por si non era suficiente, queren eliminar o dereito das mulleres a decidir libremente sobre un tema como o aborto, impulsando unha reforma de Lei que é criticada en toda Europa, incluso polos partidos da dereita”.

Besteiro asistiu á manifestación de Alianza Social Galega en Ferrol, unha plataforma integrada por máis de sesenta colectivos que hoxe convocou mobilizacións en once municipios galegos para esixir “outra saída da crise”. O PSdeG estivo representado en todas elas e respalda as protestas polos retrocesos no ensino, a sanidade pública, a Lei de Dependencia ou a privatización de servizos como o Rexistro Civil.

O secretario xeral dos socialistas volveu a ofrecer consenso ao PP “en temas como o desemprego ou a corrupción, pero semella que non hai interese por chegar a acordos, Feijóo converteuse no campión do paro xuvenil e anuncia un plan de medidas dotado con cen millóns de euros pero omite que os fondos proceden da Unión Europea”.

Desde que goberna Alberto Núñez Feijóo, máis de 70.000 mozos e mozas marcharon de Galicia e hai outros 74.100 sen emprego, un 16,3% máis que a finais de 2009. “Temos un presidente que non coñece a realidade da rúa e onte ademais quitouse a careta no Parlamento de Galicia para asumir que é o mesmo que Rajoy no tema do aborto”, dixo.

Aproveitando a súa presenza en Ferrol, Besteiro mostrou unha vez máis a súa solidariedade cos traballadores de Navantia, “aos que o PP prometeu carga de traballo e agora mesmo só están confirmados 350 empregos co contrato do flotel para Pemex, cando a plantel entre Ferrol e Fene supera os 2.300 traballadores”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar