Besteiro asegura que ”a creación de emprego desde os concellos é unha aposta esencial para os socialistas e así o demostramos donde gobernamos”

Besteiro asegura que ”a creación de emprego desde os concellos é unha aposta esencial para os socialistas e así o demostramos donde gobernamos”

Besteiro asegura que ”a creación de emprego desde os concellos é unha aposta esencial para os socialistas e así o demostramos donde gobernamos”

FOTO A CORUÑAO secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou hoxe na Coruña que “os concellos teñen unha labor importante na creación de emprego, habilitando as condicións para que a xente nova emprenda”.
O líder dos socialistas galegos, xunto á candidata á alcaldía da Coruña, Mar Barcón, visitou o coworking de empresas e innovación de Confirmsign, unha firma de certificación a través de internet a nivel internacional que aposta polo I+D e os emprendedores.
“A aposta do PSdeG pola creación de emprego é absolutamente esencial, desde os concellos podemos facer moitas cousas, tal como demostramos donde gobernamos”, afirmou Besteiro, que considera que “a carga fiscal non pode ser a mesma para as grandes empresas que para os emprendedores”.
“Os socialistas gobernamos máis e mellor os concellos, que están menos endebedados e en mellores condicións para a sostibilidade dos servizos sociais e as axudas para o emprego, temos que xerar espazos públicos para a xente nova e as mulleres”, manifestou.
“A día de hoxe, temos que facilitar desde as administracións locais a adaptación ás novas tecnoloxías, con moita formación para os emprendedores, os socialistas temos máis saneadas as contas públicas dos concellos e temos máis capacidade de acción”, apuntou.
En opinión de Besteiro, “nestes duros anos de crise, os concellos gobernados polos socialistas demostramos que é posible manter os servizos para a cidadanía sen endebedarse máis, invítolles a revisar as contas públicas dos concellos socialistas para que vexan que é así”.
Pola súa parte, a candidata á alcaldía Mar Barcón engadiu que “a xente que pasea pola rúa Real ten que saber que temos aquí unha iniciativa que aposta pola innovación e a tecnoloxía, dous aspectos que teñen que axudarnos a crear emprego de calidade para os máis novos”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar