Besteiro: “As eleccións xerais marcarán o cambio entre o pasado de Rajoy e o futuro representado pola aposta reformista do PSOE de Pedro Sánchez”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou hoxe en Madrid que “as eleccións xerais do 20 de decembro marcarán o cambio entre o pasado de Mariano Rajoy e o futuro representado pola aposta reformista do PSOE de Pedro Sánchez”.

En declaracións aos medios de comunicación durante o Comité Federal do PSOE celebrado en Madrid, o líder dos socialistas galegos fixo unha valoración “moi positiva da configuración das listas, en Galicia catro mulleres moi cualificadas encabezan as candidaturas ao Congreso dos Deputados nas catro provincias galegas, un reflexo da sociedade aberta e renovada que queremos”.

“Mentres no PP fuxen do partido, no PSdeG temos incluso o exemplo de persoas que non son militantes e deciden comprometerse co socialismo”, afirmou Besteiro, que considera que “os procesos de renovación nos partidos políticos son normais desde hai moitos anos”.

“O Partido Socialista é agora un partido que ten moi claro o que ten que facer e con quen, a aposta renovada e reformista liderada por Pedro Sánchez será protagonista de goberno nos próximos catro anos, como toda a sociedade poderá ver desde o 20 de decembro”, afirmou.

O líder dos socialistas galegos criticou “a división no PP e no goberno, unha situación que contrasta coa do PSOE, un partido que demostra que hai outra forma de gobernar e que agora afronta cunha renovación ilusionante e moi positiva o cambio en España e en Galicia”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar