Besteiro apunta a “un cambio histórico cara outro tipo de sociedade” unido a un “cambio xeracional” dentro do PSOE

Besteiro apunta a “un cambio histórico cara outro tipo de sociedade” unido a un “cambio xeracional” dentro do PSOE

Besteiro apunta a “un cambio histórico cara outro tipo de sociedade” unido a un “cambio xeracional” dentro do PSOE

“Despois de tres anos de Rajoy e cinco de Feijóo, xa vemos o resultado da austeridade empobrecedora. Máis paro, máis empobrecemento, máis débeda pública e menos servizos públicos que protexan á maioría social deste país”, afirmou o socialista

Besteiro lamenta que o PPdeG non teña un criterio claro nos casos xudiciais. “Sinto que o PP non teña un criterio, espero que o teña, o deixe claro e o aplique no futuro”, porque “estar ao que dite en cada caso a conciencia do seu presidente é inadmisible en democracia”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, apuntou hoxe nunha entrevista a RNE e TVE en Galicia que o país vive nestes momentos “un cambio histórico cara outro tipo de sociedade” que conleva ademais, co actual proceso de primarias, “un cambio xeracional” dentro do PSOE “como sucedeu no 78”. “Nun partido de 135 anos vaise producindo unha renovación e un relevo xeracional, e o tempo dirá se é mellor ou peor, pero eu sempre creo que o futuro será mellor”, afirmou.

Besteiro, que compartirá “coas urnas” quen é o seu favorito, pediu aos militantes “que voten masivamente”, como en Galicia, “que non establezan prexuízos e elixan a quen poida aportar máis para un tempo de cambio”, e aos candidatos “que dean todo o posible e máis para facer política dunha forma distinta”. “Hai que facer un cambio, e nese cambio ten que estar o partido socialista. Por iso os anos que veñen teñen que ser anos de discusión, de que tipo de Estado queremos ter, e aí teremos que discutir todos”, dixo, “e o PSOE estou seguro de que vai ser capaz de serrar outra vez unha alternativa real de goberno á política da dereita, que foi quen recibiu o varapalo máis forte nas pasadas eleccións europeas”.

“A sociedade rexeita esa forma de facer política que son as políticas austericidas da dereita, que baleiran o Estado que construímos durante 30 anos sen un resultado efectivo. Esas políticas de contención de gasto que se nos dicía que ían ser o revulsivo, e estase vendo que non. Eu hai tres anos falaba de que a austeridade é empobrecedora, e hai que buscar outro tipo de incentivos, como fixeron en EEUU ou Inglaterra. Despois de tres anos de Rajoy e cinco de Feijóo, xa vemos o resultado das políticas de austeridade. Máis paro, máis empobrecemento, máis débeda pública e menos servizos públicos que protexen á maioría social deste país”, abundou Gómez Besteiro. O socialista cre que en Galicia “hai potencialidades para medrar e mellorar”, e é para o que vai “traballar nos próximos meses”.

Situación en Santiago e falta de criterio do PP
Gómez Besteiro referiuse tamén á actual crise institucional no Concello de Santiago e a renovación que vende o PP. “Permítame que me ría, pero se a renovación pasa por que un xulgado lles diga que teñen que saír fóra do concello…”, apuntou. Besteiro afirmou que “calquera cidadán ten xa problemas para saber quen empezou o mandato en 2011, porque das trece persoas que elixiron a Conde Roa e a Currás, once xa non están” no Concello. O socialista censurou que “Feijóo pretenda dar leccións a ninguén do que é un verdadeiro esperpento”.

“Catro días antes de dimitir Currás, o propio Feijóo dicía que isto era un asunto puramente municipal. A fin de semana dixéronlle o que tiña que facer, e fíxoo. O resultado é que o número 25 da lista vai ser o novo alcalde, e que agora parece que a maioría do goberno será xente de fóra. O PP ten toda a responsabilidade da maior crise institucional nun concello en democracia despois de Marbella”, aseverou.

Besteiro lamentou que o PP careza dun criterio firme nos casos xudiciais. “Sinto que o PP non teña un criterio, e espero que o que teña o deixe claro e o aplique no futuro, porque hai moitos concellos do PP nos que de aplicar este novo criterio tan innovador e rigoroso do que agora fala o señor Feijóo terían que ter dimitido, por exemplo na Coruña”. Isto contrasta co criterio claro que ten fixado o PSdeG “en Lugo, en Ourense e en todos os concellos”, e que pasa por que “se hai un chamamento a xuízo dun cargo socialista, deixará de ostentar o seu cargo e a condición de socialista”.

“O PP pasa nunha semana de ter o criterio de esperar á sentenza, despois de adiantalo, ou simplemente de estar ao que a conciencia do seu presidente lle dite, e iso é inadmisible en democracia”, afirmou Besteiro, para quen “Feijóo se basea naquela máxima de Groucho Marx que dicía ´Aquí están os meus principios, e se non lle valen, teño outros´, e esa é a súa forma de facer política no día a día”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar