Besteiro aposta por unha “vocación propositiva” como alternativa fronte á política da dereita, “que choca frontalmente contra as persoas”

Besteiro aposta por unha “vocación propositiva” como alternativa fronte á política da dereita, “que choca frontalmente contra as persoas”

Besteiro aposta por unha “vocación propositiva” como alternativa fronte á política da dereita, “que choca frontalmente contra as persoas”

O secretario xeral do PSdeG mantivo esta mañá unha reunión “moi positiva” co líder de Anova, Xosé Manuel Beiras, e reivindicou este “espazo de diálogo” porque “a política non se fai desde posicións unilaterais, nin desde a oposición nin desde o Goberno”

Besteiro e BeirasO secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reuniuse esta mañá nun encontro “moi positivo e desde a máxima cordialidade” co voceiro nacional de Anova, Xosé Manuel Beiras no que se puxo de manifesto “o compromiso real cos cidadáns e o apego aos seus problemas”. O socialista reivindicou unha liña de “corresponsabilidade” desde a oposición e destacou o inicio dunha “clara vocación propositiva” por parte do PSdeG, desde a oposición pero coa esperanza de que o proxecto socialista se transforme nunha alternativa de goberno” e aporte “outro xeito de facer as cousas” fronte a “políticas que chocan frontalmente xa non só contra o país, senón contra as persoas”. Gómez Besteiro destacou a “vontade decidida” e o “esforzo propositivo” para acadalo.

O líder dos socialistas galegos, que amosou o seu agradecemento a Beiras por ter adiado a reunión, prevista para o pasado luns, polo falecemento do seu pai, incidiu no “espazo de diálogo” aberto polo PSdeG co resto de forzas, porque “a vida política non se pode plantexar nunca, e hoxe menos ca nunca, desde posicións unilaterais, e iso serve tanto para os que hoxe non temos responsabilidades de goberno como para os que están no goberno”.

“Compartín este tempo con Beiras desde a máxima cordialidade e desde un compromiso real cos cidadans, que é o que nós vimos reivindicando e no que coincidimos, no apego aos problemas dos cidadáns, que son tamén os nosos problemas”, afirmou Besteiro, quen desvelou que na reunión tocaron temas como o abandono territorial, os problemas dos traballadores, dos que queren e non poden traballar, dos mozos e non tan mozos que se ven excluídos do mercado laboral ou das pensións públicas. Asimesmo, ambos dirixentes intercambiaron impresións sobre servizos sociais, educación pública, sanidade pública ou medios e ciclos produtivos. “Falamos de Galicia na medida en que cremos nas posibilidades que ten Galicia, contra os recortes e as políticas que fan a vida dos galegos cada vez máis complicada”.

“Temos aberta unha clara vocación propositiva e o PSdeG iniciou unha liña propositiva no Parlamento de Galicia. O foro de discusión é o Parlamento pero hai que levar a vida dos cidadáns ao Parlamento e presentar propostas alternativas. Hai outra forma de facer política e nos ímolo explicitar día a día no Parlamento”, concluíu o dirixente socialista.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar