Besteiro aposta “por unha saída da crise baseada no estado de benestar que defende o PSdeG”, fronte a política para os mercados do PP

Besteiro aposta “por unha saída da crise baseada no estado de benestar que defende o PSdeG”, fronte a política para os mercados do PP

Besteiro aposta “por unha saída da crise baseada no estado de benestar que defende o PSdeG”, fronte a política para os mercados do PP

“As eleccións europeas son moi importantes para deixar atrás unha doutrina que provoca o crecemento financeiro a partir do empobrecemento das persoas”, asegura o líder dos socialistas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro defendeu esta tarde una saída da crise “baseada no Estado de benestar polo que traballan os socialistas”, fronte a política para os mercados e o crecemento financeiro do PP.

O líder dos socialistas galegos impartiu unha conferencia en O Saviñao baixo o título Galicia en Europa. Proposta para saír da crise. Besteiro lembrou a importancia que terán as eleccións europeas do 25 de maio, “onde os cidadáns poden elixir entre a dereita, que afirma que España xa saíu da crise por uns indicadores económicos que non reflicten a realidade, e o PSOE, onde temos moi claro que sairemos da crise cando as persoas saian dela”.

“Ninguén pode dicir que xa estamos saíndo da crise con case seis millóns de persoas que non logran acceder ao mercado laboral ou cun 21,6% da poboación en risco de pobreza, o PP se refuxia nas cifras macroeconómicas e o Partido Socialista fala das persoas, como sempre”, afirmou Besteiro.

En opinión do secretario xeral do PSdeG, “en España, antes da crise, o 20% dos españois máis ricos gañaban 5,3 veces máis que o 20% dos máis pobres, e esta diferenza creceu en 2011 a 7,5 veces; Rajoy e Feijóo impuxeron unha axenda baseada nunha completa mentira, dicindo que viviamos por riba das nosas posibilidades e, polo tanto, tiñamos que recortar o excesivo Estado do Benestar que tiñamos”.

“Temos a oportunidade de recuperar o que construímos os socialistas, unha sanidade universal, unha educación pública, un sistema de pensións vinculado á suba do custo da vida, unha rede que protexa aos dependentes e o incremento do salario mínimo”, apuntou Besteiro.

“Fronte ao sálvese quen poida que ofrece o Partido Popular, o PSOE en Galicia e en España ten outro modelo, que aposta pola creación de emprego, os servizos públicos, a igualdade social e a protección dos dereitos das mulleres”, rematou Besteiro.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar