Besteiro aposta por “unha política construtiva do PSdeG na defensa do emprego e os servizos públicos para que o sol saia para todos”

Besteiro aposta por “unha política construtiva do PSdeG na defensa do emprego e os servizos públicos para que o sol saia para todos”

Besteiro aposta por “unha política construtiva do PSdeG na defensa do emprego e os servizos públicos para que o sol saia para todos”

“Non queremos restar funcións aos cargos públicos, só separar aos políticos do traballo dos funcionarios en determinados procedementos de contratación”, asegura

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, aposta “por unha política construtiva na defensa do emprego e os servizos públicos para que o sol saia para todos, canto mellor lle vaia a todos, mellor para os socialistas”.

Nunha entrevista concedida a RNE, o líder dos socialistas explicou a súa proposta de afastar aos políticos das mesas de contratacións: “É un camiño que hai que seguir, pero non queremos restar funcións aos cargos públicos, só separar aos políticos do traballo dos funcionarios en determinados procedementos de contratación”.

De feito, anunciou que “a Deputación de Lugo o vai facer a curto prazo, é unha recomendación avalada por altos funcionarios das áreas de contratacións e unha medida boa para aumentar a transparencia e evitar novos casos de corrupción”.

Con respecto á situación no Concello de Santiago, Besteiro manifestou que “falamos da capital de Galicia, o que afecta á nosa imaxe como país, e Feijóo ten unha posición desconcertante, que cambia en función das súas necesidades, non sabe que facer aínda que despois sempre da leccións de democracia cando fala doutros temas”.

O secretario xeral dos socialistas reiterou que a postura do PSdeG é clara. Calquera militante que sexa detido por un caso de corrupción no ámbito do exercicio da política e se lle impoñan medidas cautelares por parte da autoridade xudicial, é apartado inmediatamente do partido.

Ademais, o PSdeG anticipa as responsabilidades políticas ás responsabilidades penais, polo que, en calquera suposto de corrupción, un militante tamén será apartado no caso de que se compareza nun xuízo oral. “O que lle pido a Feijóo é que, á marxe deste caso de Santiago, active medidas para solucionar os problemas de Galicia, que son o desemprego, o nivel de débeda e o declive demográfico”, dixo.

Por último, manifestou a importancia que terán as eleccións europeas e, con respecto ás municipais, engadiu que “falaremos delas en setembro ou outubro, pero serán as primarias as que decidan cales serán os candidatos socialistas ás alcaldías galegas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar