Besteiro aposta por unha fronte común entre Galicia e o norte de Portugal para loitar en Europa “por unha sociedade máis xusta e solidaria”

Besteiro aposta por unha fronte común entre Galicia e o norte de Portugal para loitar en Europa “por unha sociedade máis xusta e solidaria”

Besteiro aposta por unha fronte común entre Galicia e o norte de Portugal para loitar en Europa “por unha sociedade máis xusta e solidaria”

BesteiroO secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, apostou hoxe en Amarante por unha fronte común entre Galicia e o norte de Portugal para loitar en Europa “por unha sociedade máis xusta e solidaria”.

Besteiro participou nun encontro entre socialistas galegos e do norte de Portugal no municipio luso, tras a reunión mantida hai seis meses en Vigo. “A Eurorrexión é unha zona periférica pero chea de oportunidades, temos que potenciar a relación entre as nosas universidades e os sesenta centros tecnolóxicos, así como reforzar as nosas sinerxias en transporte e infraestruturas”, afirmou

“Queremos unha Europa máis forte e con máis crecemento, pero ten que ser solidario e coa bandeira da igualdade, os socialistas facemos política de persoas e sentimentos, fronte as políticas frías de austeridade da dereita”, manifestou o líder dos socialistas galegos na súa intervención.

“A desigualdade é ineficiente, temos gobernos da dereita que levan anos falando da austeridade e as consecuencias foron tráxicas, como reflicten os últimos informes sociais; os socialistas estamos na obriga de poñer en marcha un modelo máis xusto, loitando contra a débeda publica sen levar ás familias ao empobrecemento”, afirmou o secretario xeral do PSdeG.

Besteiro reiterou a importancia de que “a relación dos cidadáns da Eurorrexión sexa máis intensa, aproveitando os recursos comúns que temos e pensando sempre na igualdade, é dicir, facendo o que sempre fixemos os gobernos socialistas”.

No encontro As oportunidades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal participou tamén o eurodeputado José Blanco. A reunión entre socialistas galegos e lusos volverase a repetir dentro de seis meses, “xa que é moito o que nos une e temos que aproveitalo”, engadiu Besteiro. A secretaria de Organización do PSdeG, Pilar Cancela, e David Regades, secretario de Política Industrial dos socialistas galegos, participaron nas mesas de traballo sobre cooperación local e desenvolvemento económico.

Competitividade e benestar
O eurodiputado socialista José Blanco defendeu na súa intervención que o proceso de integración en Europa e os retos que plantexa a globalización obrigan a Galicia e o Norte de Portugal a “buscar políticas que permitan estruturar adecuadamente o noso espazo físico común, para reforzar os actuais vínculos económicos e sociais e favorecer o incremento da competividade e o progreso e benestar dos cidadáns”.
O eurodiputado socialista galego incidiu en que a forte complementariedade entre Galicia e Norte de Portugal “debe ser aproveitada para reforzar as relacións económicas, sociais e culturais”, pois só así “poderemos configurar a Eurorrexión coma un espacio de convivencia e de planificación onde desenvolver plenamente a potencialidade deste territorio”.
Para Blanco, actuar en clave de Eurorexión “permitiranos superar algunhas desvantaxes de partida que hipotecan o noso futuro por medio dun mercado de maior tamaño, un apoio á culminación das nosas infraestruturas e un contexto para impulsar a internacionalización e acceso a novos mercados desde América Latina ata Asia e África”.
Blanco chamou tamén a fixar na axenda europea a resposta ao reto do “grave problema común” do envellecemento e o despoboamento, sendo “proactivos” para que as institucións comunitarias aborden “con seriedade unha verdadeira axenda en favor do impulso demográfico”.
Desde o seu punto de vista, na Eurorrexión existe “masa crítica” para dar “un salto de calidade” tanto na cooperación transfronteiriza, como no desenvolvemento socioeconómico. A este respecto, citou entre os ámbitos de oportunidade nos que se debe reforzar a cooperación diversos ámbitos nos que “despunta” a Eurorrexión como a pesca e actividades mariñas, saúde e ciencias da vida, téxtil e moda, sistemas agroambientais e da alimentación, tecnoloxías e servizos do turismo ou servizos especializados, con especial atención ao sistema universitario e de innovación para reter a poboación moza e formada e a aproveitar a inclusión no corredor atlántico das redes transeuropeas como medio para atraer os tráficos marítimos que xerará a posta en servizo da ampliación da Canle de Panamá. “Non hai mellor camiño que estreitar a colaboración entre os nosos territorios para acadar maiores niveis de modernización e progreso”, concluiu.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar