Besteiro aposta por unha "conexión da Universidade pública e o I+D+i coa empresa e o mercado laboral" como estratexia de futuro

Besteiro aposta por unha "conexión da Universidade pública e o I+D+i coa empresa e o mercado laboral" como estratexia de futuro

Besteiro aposta por unha "conexión da Universidade pública e o I+D+i coa empresa e o mercado laboral" como estratexia de futuro

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, apostou en Ferrol por “unha conexión real e efectiva da universidade pública e o I+D+i coa empresa e o mercado laboral” como estratexia de futuro para Galicia.

Visita á Escola Universitaria de Deseño Industrial de Ferrol

Besteiro visitou a Escola Universitaria de Deseño Industrial, “un exemplo de centro universitario enganchado coa realidade”. “A innovación e a universidade pública son unha oportunidade para Galicia, o desenvolvemento neste ámbito é moi necesario e o compromiso ten que chegar da man de orzamentos por parte da Xunta de Feijóo, non valen as declaracións e as meras intencións”, afirmou o secretario xeral do PSdeG.

En resposta aos medios de comunicación, Besteiro demandou “a implicación real do Goberno do PP na axenda tecnolóxica” como feito diferenciador para Galicia. Na súa visita, estivo acompañado por Vicente Docasar, secretario de Cultura, Educación e Investigación do PSdeG e portavoz parlamentario de Educación, Beatriz Sestayo, secretaria xeral da Agrupación Municipal de Ferrol, e Eva Martínez Montero, secretaria de Igualdade.

Posteriormente, estivo no Centro de Innovación e Servizos (CIS) e alí o líder dos socialistas galegos lembrou que o plan estratéxico do PSdeG para a cidade “recolle a necesidade de integrar aquí o Centro Tecnolóxico do Naval”. O máximo representante do PSdeG apuntou que “Ferrol ten un sector estratéxico que é o naval, e para que teña futuro ten que haber unha folla de ruta clara”.

“O CIS de Ferrol está prácticamente parado e non pode seguir así, estamos sempre falando da carga de traballo para o naval, pero para iso a cidade e Galicia necesitan o apoio das administracións públicas; os resultados dos cinco anos de Feijóo neste ámbito son máis ben pobres”, rematou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar