Besteiro aposta por “trasladar o diálogo social ao diálogo político” fronte á “unilateralidade” do PP nun goberno “co risco de atoparse só”

Besteiro aposta por “trasladar o diálogo social ao diálogo político” fronte á “unilateralidade” do PP nun goberno “co risco de atoparse só”

Besteiro aposta por “trasladar o diálogo social ao diálogo político” fronte á “unilateralidade” do PP nun goberno “co risco de atoparse só”

O secretario xeral do PSdeG mantivo unha reunión esta mañá coa coordinadora de EU, Yolanda Díaz, coa preocupación posta “única e exclusivamente nas persoas”

Besteiro transmitiu o acordo de axenda social acadado cos sindicatos e puxo sobre a mesa temas capitais para os PSdeG como a loita contra o desemprego, o futuro financeiro de Galicia e NGB, o fortalecemento dos servizos públicos ou a evolución da débeda pública de Galicia

Besteiro e Yolanda DíazO secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reuniuse coa coordinadora nacional de EU, Yolanda Díaz, nun encontro “moi positivo” no que lle transmitiu, entre outras cuestións, o acordo de axenda social da súa reunión cos tres principais sindicatos da pasada semana. O socialista destacou a importancia dese “diálogo social” e de trasladalo ao “diálogo político” que está a manter cos representantes dos partidos en Galicia, e incidiu en temas como “a loita decidida contra a desigualdade e contra o desemprego, o problema financeiro de NGB, o fortalecemento dos servizos públicos ou a evolución vertixinosa no ascenso da débeda pública”, asuntos que “preocupan aos galegos”, porque “a preocupación do PSdeG está única e exclusivamente nas persoas”, dixo.

Gómez Besteiro centrou gran parte da reunión con Yolanda Díaz no emprego, preocupación que comparten nun tema que o PSdeG xa situou como “capital” no último Debate do Estado da Autonomía, e que “segue a ser o principal problema” dos galegos. “Ímolo compartir con todo o mundo”, afirmou o socialista, que aposta polo “fortalecemento das políticas activas de emprego e dos servizos públicos”, e insistiu en que “hai tamén unha preocupación común sobre a débeda, que compromete a xeracións futuras e debe ocupar a vida política”, dixo. En coherencia coas prioridades do partido, o líder do PSdeG puxo sobre a mesa asimesmo o “problema financiero de NGB”, no que a posición do PSdeG é “manterse no sector da banca pública ata 2017 e a esixencia de transparencia neste proceso, para que todos coñezamos o que está pasando e cando está pasando en tempo real”, afirmou. “Preocúpanos que a situación de NGB derive hacia decisións máis prexudiciais para Galicia”, engadiu. Ambos dirixentes falaron tamén da calidade democrática, “como non pode ser doutra maneira nun momento no que a xente o reclama” ou da necesidade dunha maior representación política no Parlamento.

Diálogo político
“O PSdeG vai seguir na mesma liña de diálogo político, porque hoxe, sexa no goberno ou na oposición, como é o caso do PSdeG, non se pode manter unha liña de unilateralidade. Non podemos pretender que o mundo sexa onde empeza e acaba o teu partido, e os gobenantes tamén teñen que tomar esa decisión importante para que a xente non perciba o que é unha realidade, que un se encontra só, e ese é un risco que está tendo o PP”, afirmou Besteiro.

O PSdeG tranmitiu na reunión desta mañá que a súa preocupacón “está única e exclusivamente nas persoas e nos que o están a pasar mal, que por certo son cada vez máis en Galicia”, afirmou Besteiro. “Ese é o noso compromiso, un compromiso que tamén lle trasladei hoxe a EU e que adquirimos tamén na Conferencia Política desta fin de semana, que foi moi útil, moi produtiva e que marca un antes e un despois na liña do PSOE e do PSdeG”, concluíu o socialista, que adiantou que este días terá tamén reunións co reitor da USC e co voceiro nacional de Anova, Xosé Manuel Beiras, antes de pechar a semana co encontro co presidente do PP e da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar