Xornadas Parlamentarias: Besteiro aposta polo público “como barreira contra a desigualdade” fronte á resignación do PP

Xornadas Parlamentarias: Besteiro aposta polo público “como barreira contra a desigualdade” fronte á resignación do PP

Xornadas Parlamentarias: Besteiro aposta polo público “como barreira contra a desigualdade” fronte á resignación do PP

Besteiro HemicicloO secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, manifestou hoxe en Santiago que “combater a pobreza non é afondar na caridade e caer na resignación do Partido Popular, é recuperar o noso benestar social como un sistema de provisión universal de protección e de dereitos”.
“Creo no papel que o sector público ten que xogar para ser a primeira barreira contra a desigualdade das persoas e protexer a existencia dunha clase media, co convencemento de que combater a desigualdade, ademais de xusto, significa volver a ser competitivos para superar a crise económica”, asegurou Besteiro na clausura da xornada parlamentaria organizada polos socialistas galegos sobre pobreza e desigualdade.
O líder do PSdeG aseverou que “as sociedades sumamente desiguais non funcionan de forma eficiente e as súas economías non son nin estables, nin sostibles a longo prazo; entender o problema é o primeiro paso para poñerlle freo, así que fronte aos oídos xordos do Goberno de Feijóo, os socialistas non permitiremos que a crise económica derive nunha crise social e que sigan aumentando os niveis de desigualdade”.
Na súa intervención, o secretario xeral dos socialistas galegos afirmou que “a dereita obrigounos a sufrir os efectos dunha atroz austeridade a todos os cidadáns e decidiu que debíamos prescindir do público, de nada máis e nada menos que do noso sistema de benestar”.
“As receitas que se aplicaron baseáronse na austeridade co pretexto de reducir a débeda pública, pero resultou todo o contrario, non se está a crecer, non se crea emprego e en Galicia, con Feijóo como padriño da austeridade, a situación aínda é peor: Galicia segue sen crecer, estancada nun 0,1 no último trimestre de 2014, un 0,4 en todo o ano fronte ao 1,4 de España”, manifestou.
“Por iso o máis grave é que en paralelo á incapacidade da dereita para resolver problemas como o paro, a débeda pública e a creación de oportunidades económicas, o Goberno está propiciando a creación dunha nova débeda social con todos os españois, unha débeda social en materia de igualdade, protección, benestar, dereitos e liberdades”, engadiu.
Sanidade e salarios
“O Goberno de Feijóo reduciu o gasto social en 4.016 millóns de euros e no caso concreto da Consellería de Traballo e Benestar, que ten o cometido de loitar contra a pobreza, deixou de gastar en acción social 1 de cada 4 euros dos que se executaban no 2009, polo que a taxa de risco de pobreza ou exclusión social situouse en Galicia no 2014 en máis do 24%”, asegurou.
Besteiro criticou tamén os recurtes en sanidade e educación, a desigualdade nos salarios, de xénero e no acceso á xustiza: “En definitiva, de ter que preocuparnos polo paro, pasamos a ter que preocuparnos directamente pola pobreza, das 95.000 familias galegas con todos os seus membros no paro que non chegan a final de mes”.
“Para a Xunta son só estatísticas que anoxan ao seu presidente porque o deixan en evidencia e os efectos destas políticas, multiplicados pola reforma laboral do PP, están a propiciar unha pobreza laboral, é dicir, a existencia dunha nova clase social que nunca debeu emerxer: a dos traballadores pobres”, dixo o secretario xeral do PSdeG, que rematou argumentando que “Galicia non ofrece oportunidades de desenvolvemento vital para as persoas e a emigración masiva dos noso mozos é un reflexo deste feito”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar