Besteiro aposta polas cooperativas no rural e critica a "nula credibilidade" de Feijoó tras o "fiasco no lácteo" logo de politizar o sector

Besteiro aposta polas cooperativas no rural e critica a "nula credibilidade" de Feijoó tras o "fiasco no lácteo" logo de politizar o sector

Besteiro aposta polas cooperativas no rural e critica a "nula credibilidade" de Feijoó tras o "fiasco no lácteo" logo de politizar o sector

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, visitou esta mañá xunto co candidato á alcaldía en Lalín, Nicolás González, a cooperativa Cobideza, onde os socialistas trasladaron a súa aposta pola integración das cooperativas da comarca para ser máis competitivos e poder negociar desde una posición de peso. Besteiro lamentou que “a Feijóo o tema do rural preocúpalle pouco” e pediulle que intermedie para garantir que o prezo do leite “se manteña estable con criterios obxectivos e quen vive do leite poida garantir o seu futuro e da súa familia”.

O socialista destacou as “enormes posibilidades que ten para este país poñer en valor o medio rural, que é unha plataforma extraordinaria para xerar emprego”, e lamentou que o presidente da Xunta “hai uns meses garantía unha estabilidade nos prezos e vemos que hoxe están absolutamente derrumbados, con pouca esperanza de recuperación e cunha poboación activa destinada ao campo cun futuro moi triste para lograr esa estabilidade”. Besteiro lembrou que o PSdeG volve levar ao Parlamento una iniciativa “para que Feijóo fale con eses intermediarios que el coñece e dos que fala con certa regularidade, para que poñan fin a esta situación na que quen paga non lle está a pagar a quen debe facelo, ao produtor do leite”.

O líder dos socialistas galegos criticou a “política neglixente” realizada desde a Xunta en lugar de facer “una política activa e que crea no mundo rural, para colaborar e incentivar a transformación, que é onde se xenera o produto e o valor engadido e onde hai máis riqueza” no sector. “Pero para iso hai que crer no mundo rural, e Feijóo non cre. É un tema que lle aburre, que non lle preocupa, e é un dos sectores nos que protagonizou o seu primeiro fiasco en relación co proxecto de Alimentos Lácteos, porque politizou un sector que non se debe politizar”, dixo, “con inxerencias que non conducen a nada”.

“Despois daquel fiasco a credibilidade de Feijóo e o seu goberno e prácticamente nula. Despois reparto da PAC non hai credibilidade”, lamentou, en contraste con gobernos como o francés, cunha acción política “de compromiso cos que traballan no campo, viven do campo e xeneran emprego no campo”. “Moitas cousas teñen que cambiar na Xunta, e una delas é que crea no sector co campo como xerador de riqueza”, afirmou.

Integración das cooperativas
Pola súa banda, Nicolás González puxo Cobideza como exemplo de que “se pode traballar no rural de xeito cooperativo” nunha comarca “cun grandísimo potencial non só para producir senón para transformar e crear valor añadido” e na que “poden ser líderes no mercado se cremos neles”.

“Os socialistas apostaremos por traballar para propor a integración de todas as cooperativas da comarca, para facer cooperativas de moito máis nivel e que teñan maior capacidade de negociación coa industria, facer novas propostas de transformación do leite e ser máis competitivos”, comprometeu González, coa fin de “non só depender das grandes industrias de distribución, senón tamén do que creamos e do que producimos”.

“Temos a oportunidade e este é o momento. Temos que facer ese esforzo que nestes 25 anos non se fixo, integrar as nosas cooperativas en vez de atomizar o sector, que é o que quere o PP”, afirmou o candidato á alcaldía de Lalín.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar