Besteiro aposta pola "economía real e os proxectos innovadores" no rural para loitar contra o despoboamento

Besteiro aposta pola "economía real e os proxectos innovadores" no rural para loitar contra o despoboamento

Besteiro aposta pola "economía real e os proxectos innovadores" no rural para loitar contra o despoboamento

“Temos en Galicia máis de 1.500 aldeas abandonadas e necesitamos políticas transversais para recuperar o territorio”, asegura o secretario xeral do PSdeG

O líder dos socialistas galegos visitou en Cerdido a plantación de arandos máis grande do norte de España

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, apostou hoxe en Cerdido “pola economía real e os proxectos innovadores” no rural galego para facer fronte ao problema demográfico e o despoboamento.

O líder dos socialistas galegos visitou a plantación de arandos máis grande do norte de España, da empresa Horticina, cunha extensión de oitenta hectáreas. “Un exemplo ademais de transformación e cambio de actividade, xa que os seus propietarios adicábanse a outros cultivos pero o perderon todo polo temporal Klaus”, afirmou Besteiro.

Na súa visita, o secretario xeral dos socialistas estivo acompañado por Valentín González Formoso, secretario de Política Municipal do PSdeG, Pablo García, portavoz de Medio Rural no Parlamento, e representantes do partido en Cerdido e outros municipios da comarca.

“O rural necesita apoio por parte da Xunta, a día de hoxe o 60% dos proxectos solicitados para mellorar as explotacións agrícolas e gandeiras non recibe ningún apoio para o seu financiamento”, apuntou Besteiro, que lembrou que hai 1.500 aldeas abandonadas en Galicia.

“Necesitamos políticas transversais eficaces, non premios de natalidade como os que había antes; co apoio a proxectos innovadores podemos recuperar o territorio e frear e despoboamento”, aseverou o máximo representante dos socialistas galegos.

“Aquí temos un bo exemplo nesta produción de arandos, unha moi boa iniciativa de economía real destinada tanto ao mercado interior como ás exportacións”, rematou.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar