Besteiro apoia que os alcaldes “defendan os intereses dos cidadáns” ante o novo canon de Sogama e “se revolvan” en base a un informe xurídico previo

Besteiro apoia que os alcaldes “defendan os intereses dos cidadáns” ante o novo canon de Sogama e “se revolvan” en base a un informe xurídico previo

Besteiro apoia que os alcaldes “defendan os intereses dos cidadáns” ante o novo canon de Sogama e “se revolvan” en base a un informe xurídico previo

A Deputación de Lugo prestará asesoramento xurídico gratuíto aos alcaldes da provincia que o soliciten

“A Xunta ten unha capacidade mínima de influír sobre o que eles chaman un Goberno amigo; con amigos como estes, non fan falla inimigos”, asegura o secretario xeral do PSdeG

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou hoxe que os alcaldes críticos coa suba do canon de Sogama “teñen que defender os dereitos dos cidadáns e tomar decisións, sempre en base a informes xurídicos dos secretarios dos concellos”.

“Falamos dun incremento inxusto e desproporcionado do 34% que irá directo ao bolsillo dos cidadáns, unha decisión política sen precedentes”, afirma o líder dos socialistas galegos. “Sempre con informes xurídicos e buscando a formula que os seus asesores xurídicos lle den, é normal que se revolvan e defendan os intereses dos seus veciños”, sostén.

En opinión de Besteiro, “os servizos públicos, como neste caso o tratamento do lixo dos galegos, deben quedar fora da reforma eléctrica do PP, que o que fai e cargarlle aos cidadáns o custo dun sistema quebrado”.

“Somos testemuñas, unha vez máis, de que a Xunta ten unha capacidade mínima para defender os intereses dos galegos e para influír sobre o que eles chaman un Goberno amigo; con amigos como estes, non fan falla inimigos”, asegura o secretario xeral do PSdeG.

A deputación de Lugo prestará asesoramento xurídico gratuíto aos alcaldes da provincia que o soliciten. “Estaremos cos concellos e cos veciños, porque a esta suba hai que unirlle outras no auga ou a luz, desta forma é moi complicado o día a día de moitas familias”, manifesta Besteiro.

Os socialistas galegos temen ademais que pode haber novos incrementos do canon o próximo ano. “O sistema non funciona, incumpre as indicacións da UE e está quebrado economicamente”, engadiu o líder do PSdeG.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar