Besteiro apoia en Porto do Son a candidatura de Josefa Hermo e aposta "por recuperar o futuro despois de catro anos negros"

17202723608_12e2ba48d2_zO secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, visitou hoxe Porto do Son para apoiar a candidatura socialista liderada por Josefa Hermo e apostar “por unha recuperación das políticas pensadas para os cidadáns despois de catro anos negros”.
No Castro de Baroña, o líder dos socialistas galegos lamentou “as políticas inhumanas do PP nesta lexislatura municipal, con alcaldes que pensaban máis nos seus propios intereses que nos cidadáns, chegou o momento de demostrar que hai outra forma de gobernar”.
“Hoxe estamos nun lugar que é patrimonio cultural e natural pero está moi mal aproveitado, con accesos moi complexos; o castro e o centro de interpretación demandan mellores coidados, Porto do Son é un enclave de turismo, monte e mar, hai que sacarlle máis partido”.
Pola súa parte, Josefa Hermo incidiu no “pésimo acceso e nas malas condicións nas que está o castro, temos que potencialo e deixar atrás o escaso interese do Partido Popular por este lugar”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar