Besteiro anuncia unha Lei de igualdade e non discriminación cun plan especial para garantir o traballo de persoas con discapacidade

Besteiro anuncia unha Lei de igualdade e non discriminación cun plan especial para garantir o traballo de persoas con discapacidade

Besteiro anuncia unha Lei de igualdade e non discriminación cun plan especial para garantir o traballo de persoas con discapacidade

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, dixo hoxe que “o cambio é posible tamén pensando na maioría social deste país”. O líder dos socialistas galegos visitou a empresa de economía social de Oleiros Hornos Lamastelle, cun plantel que suma un 90 por cento de traballadores con discapacidade.

O responsable socialista comprometeu unha nova Lei de Igualdade e non Discriminación e un novo modelo de Estatuto dos Traballadores que inclúa un Plan Especial 2015-2020 cun papel protagonista para os centros especiais de emprego como a empresa de Oleiros.

Gómez Besteiro subliñou o “compromiso coa economía social” do PSOE, que presenta “un programa que estamos listos para cumprir e que somos capaces de cumprir” apoiando á economía social e a “atención a quen máis o necesita” logo de catro anos de “goberno durísimo, dunha política dramática e moi perigosa para as persoas”.

O líder dos socialistas galegos explicou que o 8 por cento da poboación ten algún grao de discapacidade, o 60 por cento deles son mulleres e o 60 por cento teñen máis de 64 anos. Así o dixo nunha visita á empresa acompañado polo voceiro socialista de Oleiros, Jorge Pérez, o candidato ao Senado Javier Losada e diversos cargos públicos e orgánicos dos socialistas galegos.

Hornos Lamastelle

O xerente de Hornos Lamastelle, Manuel Santos, sinalou que a empresa constitúe un exemplo de que “os axentes sociais de emprego somos capaces de sacar unha empresa adiante cuns importantes niveis de competitividade”. A empresa produce empanadas conxeladas, torta de Santiago con Denominación de Orixe Protexida e unha nova liña de biscoitos, e está abordando a súa internacionalización.

Santos puxo en valor que máis do 90 por cento dos seus traballadores e traballadoras teñen algún tipo de discapacidade que demostran a viabilidade e a necesidade dos centros sociais de emprego.

psdeg

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar