Besteiro amosa en Conxemar o seu apoio aos empresarios galegos e pide medidas “para baixar a factura enerxética e aumentar a súa presenza internacional”

Besteiro amosa en Conxemar o seu apoio aos empresarios galegos e pide medidas “para baixar a factura enerxética e aumentar a súa presenza internacional”

Besteiro amosa en Conxemar o seu apoio aos empresarios galegos e pide medidas “para baixar a factura enerxética e aumentar a súa presenza internacional”

besteiroO secretario xeral dos socialistas, José Ramón Gómez Besteiro, amosou hoxe o seu apoio ao sector do conxelado e aos empresarios galegos en xeral, “que necesitan medidas da Xunta e do Goberno para rebaixar a factura enerxética, aumentar a súa presenza internacional e loitar contra problemas como o veto ruso”.

O líder do PSdeG visitou a feira Conxemar en Vigo e destacou a importancia do evento e do sector, “xa que o 40% das exportacións españolas de conxelados saen de Galicia e as industrias transformadoras dan emprego a case 10.000 persoas”.

“Galicia conta cun empresariado puxante en numerosos sectores, pero afronta custos excesivos na factura enerxética ou nas taxas portuarias, por iso é necesario darlles un maior apoio desde as administracións”, manifestou o secretario xeral do socialistas galegos.

Con respecto ao Debate do Estado da Autonomía, Besteiro confía en chegar “a un consenso co grupo do PP en cuestións fundamentais para Galicia como o emprego, a reindustrialización, a rexeneración democrática ou o problema demográfico”. Os socialistas rexistraron esta mañá na Cámara un total de corenta propostas de resolución. “Veremos se o Goberno da Xunta pasa das palabras aos feitos”, apuntou.

“A intervención do presidente da Xunta onte foi decepcionante; non falou en clave de país, poucas medidas concretas e un discurso afastado dos problemas reais dos galegos e galegos, Feijóo xa non é quen de dar solucións”, considerou o máximo representante do PSdeG ante os medios de comunicación.

Con respecto ás críticas da presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, polas declaracións de Gómez Besteiro onte no Parlamento, o líder do PSdeG limitouse a pedir “máis tranquilidade, máis sentido común e un pouco máis democracia ao Partido Popular”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar