Besteiro amosa a súa seguridade de que “no mes de xullo teremos un Partido Socialista máis forte e con máis futuro para unha sociedade que o necesita”

Besteiro amosa a súa seguridade de que “no mes de xullo teremos un Partido Socialista máis forte e con máis futuro para unha sociedade que o necesita”

Besteiro amosa a súa seguridade de que “no mes de xullo teremos un Partido Socialista máis forte e con máis futuro para unha sociedade que o necesita”

“Estou satisfeito pola fórmula elixida na Executiva, cada militante terá o seu voto e o PSOE será de novo a referencia da maioría social deste país”, asegura o líder dos socialistas galegos

“Estou convencido de que sairemos fortalecidos para traballar na solución dos principais problemas que sufre a cidadanía”, afirma o secretario xeral do PSdeG

O secretario xeral do Partido Socialista de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, mostrouse hoxe satisfeito pola decisión de que 200.000 militantes do PSOE elixirán ao seu novo secretario xeral o próximo 13 de xullo. “Imponse o sentido común neste tempo novo que a sociedade está vivindo”, asegurou.

“É moi importante que os partidos confíen na súa militancia, no mes de xullo teremos un Partido Socialista máis forte e con máis futuro para unha sociedade que o necesita”, manifestou o líder do PSdeG.

Con respecto aos posibles nomes que optarán o próximo mes á Secretaría Xeral, Gómez Besteiro solicitou de novo “que as persoas que teñan intención de presentarse den un paso ao fronte incondicional, o impulso persoal é importante neste tipo de procesos”.

“O Partido Socialista ten que ser unha alternativa de goberno e a referencia da maioría social deste país, os procesos de apertura son sempre positivos e non podemos desconfiar dos militantes”, apuntou.

En opinión do secretario xeral dos socialistas galegos, “estamos ante unha situación na que será fundamental a reflexión persoal dos militantes, cada un terá o seu voto para participar no novo proxecto do partido; estou convencido de que sairemos fortalecidos para traballar unidos na solución dos principais problemas que sufre a cidadanía”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar